O BNG coloca sete cadaleitos ante o Parlamento, un por cada muller asasinada pola violencia machista

Contra o terrorismo machista

VIOLENCIA MACHISTA

Un cento de persoas asistiron á convocatoria do BNG para se concentraren perante o Parlamento galego e denunciar que o PP non está a actuar contra a violencia de xénero. Quixeron así mostrar a súa indignación ante a pasividade e complicidade dos gobernos do PP, colocando sete cadaleitos nas portas da Cámara, un por cada unha das sete mulleres asasinadas na Galiza por violencia machista este ano 2014.

Ante os medios de comunicación, a responsábel de Iniciativas feministas do BNG, Saleta Chao defendeu que “sexa unha cuestión prioritaria” para a política erradicar o punto máximo do iceberg da violencia machista e amosou “unha táboa reivindicativa” con dez medidas urxentes, unha táboa que durante o debate parlamentario sobre políticas de igualdade a deputada nacionalista, Carme Adán entregou no escano ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Para a responsábel de Iniciativas feministas do BNG, é necesario “traballar máis” en coeducación co obxectivo de “erradicar de raíz” a violencia machista ademais de crear xulgados específicos, fomentar o asociacionismo de mulleres e impulsar a formación especial do persoal sanitario. Diversas mulleres sinalaron a necesidade de que as forzas políticas sexan exemplares na súa loita contra o terrorismo machista e subliñaron que o PP nada fai ante declaracións denigrantes cara ás mulleres de numerosos cargos institucionais desta forza política. Por outra parte, diferentes persoas das alí congregadas demandaron un protocolo de actuación dos medios de comunicación para tratar casos de violencia machista sen recorreren aos tópicos, preconceptos e o morbo.

As medidas mencionadas foron rexistradas no Parlamento galego e serán remitidas ao Goberno para o seu “obrigatorio cumprimento”

Sete vítimas no que vai de ano en Galiza

Chao lembrou que sete mulleres morreron asasinadas na Galiza no que vai de ano e os sete cadaleitos presentes na cámara Galega a cada unha das sete vítimas de violencia machista no noso país.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG