Pedimos ao Estado español e á UE que esixan a Israel o cese inmediato dos ataques ao pobo palestino

Goretti Sanmartín, Fayez Badawi, Xavier Vence e Xosé Antonio Rubal

Fayez Badawi: “pedimos á comunidade internacional algo máis que boas palabras porque nos queren aniquilar”

VENCE E BADAWIO BNG expresa a súa condena ao que cualifica de “xenocidio” do pobo palestino a mans do Estado de Israel, que actúa con impunidade con esta nova vaga de ataques indiscriminados que están a causar ducias de mortos e miles de feridos e detencións ilegais masivas ante a indiferenza da comunidade internacional.

Nun encontro entre o portavoz nacional, Xavier Vence, co responsable da Fronte Popular de Liberación Palestina (FPLP) para os países de fala hispana, Fayez Badawi, o BNG amosoU a súa solidariedade coa causa palestina e demanda o cese inmediato dos ataques.

“Os responsables desta agresión deben ser levados ante os tribunais internacionais e reclamamos ao Estado español e a Unión Europea que esixan a Israel o cese inmediato desta agresión e o cumprimento da lexislación e dos acordos da ONU que, entre outros aspectos, implica o abandono dos territorios ocupados”, explicou Vence.

Pola súa parte, Badawi pide a comunidade internacional algo máis que “boas palabras” porque “hai un pobo ao que están esnaquizado ao que queren aniquilar” por parte dun Estado que cualificou de “ilegal” posto que incumpre todas as resolucións internacionais.

Goretti Sanmartín, Fayez Badawi, Xavier Vence e Xosé Antonio Rubal“O máximo que temos recibido de Europa, dos gobernantes, e lamentarse e nada máis, e o que esiximos e que rompan relacións con Israel, que se leve aos responsables ante os tribunais e que se pare esta matanza, porque Israel non pode levar a cabo esta ofensiva sen o apoio da UE”, denuncia Badawi.

Demanda unha “condena expresa, que se aplique a xustiza, que se aplique o dereito internacional e que cesen as matanzas” e pide ao Estado español unha condena expresa e que rompa relacións con Israel. “Boicot para un estado ilegal”, recalcou.

O BNG apoia as demandas expostas polo representante da FPLP Fayez Badawi que reclama unha condena dos ataques desde os parlamentos de Galiza, Congreso e da Eurocámara, como institucións de representación desa cidadanía que condena a agresión de Israel. Igualmente, a detención inmediata da masacre e das detencións ilegais e sistemáticas, a solicitude de apoio político e humanitario, así como levar a Israel ante os tribunais internacionais.

O BNG apoia todas as convocatorias e manifestacións en defensa do pobo palestino contra esta nova agresión militar do Estado de Israel que, no caso de Santiago de Compostela, terá lugar mañá venres as 20:00 hora na praza de Galiza.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG