BNG vota en contra do Real Decreto de crédito estraordinario a Defensa porque "é escandaloso"

PLENO 4A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, deixou claro o voto en contra do BNG ao Real Decreto Lei, aprobado no mes de agosto, polo que se conceden créditos estraordinarios e suplementos de crédito no orzamento dos Ministerios de Exteriores, Defensa e Agricultura.

Rosana Pérez subiu á tribuna da Cámara para reprochar ao Goberno o abuso na aprobación de Reais Decretos Leis. “Están vostedes sen pudor convertendo a excepción nun recurso habitual” e reprochou que a concesión de créditos estraordinarios xa sexa sistemática desde que gobernan. “É escandaloso”, en referencia a un novo traspaso a Defensa para pagar armamento.

Para que valen os orzamentos?

Así lembrou que no ano 2012 se fixo unha transferencia de 1.780 millóns, en plena onde de duros recurtes. En 2013, traspasáronse a Defensa perto de 880 millóns e euros. E agora en 2014, “van a transferir máis de 914 millóns de euros”.

Rosana Pérez preguntouse “para que valen os Orzamentos que debatemos, traballamos e analisamos en outubro. Mentras isto sucede, as partidas para sanidade, educación ou servizos sociais merman, e liquidan a lei de Dependencia”. A deputada do BNG recriminou ao Goberno que “exixan á poboación que se aprete o cinto, eliminen dereitos, quitáronnos o Estado de Benestar, sumiron a nenos e nenas na probeza e a moitas familias as obrigaron á beneficiencia, pero fan traspasos de créditos estraordinarios a Defensa. É unha desvergoña”.

A parlamentar nacionalista censurou que “os orzamentos para Defensa continúen a medrar”. Neste sentido, aludiu á campaña realizada polo BNG para explicar as verdadeiras causas da crise e que titulábamos: “Non é unha crise, é un roubo”. Unha frase que “descrebe este Real Decreto”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG