O BNG pide retirar o borrador de xestión clínica e iniciar un proceso de diálogo cos profesionais

Montse Prado rexistra no Parlamento galego diversas iniciativas para retirar o borrador dun decreto destinado a “privatizar,aínda máis, a Sanidade pública galega”

Montse Prado en rolda de prensa

Santiago de Compostela, 19 de decembro, 2013. A deputada do BNG, Montse Prado compareceu hoxe, ante os medios de comunicación, en sede parlamentar para presentar diversas iniciativas nas que reclama “a retirada do borrador de xestión clínica e iniciar un proceso de negociación co@s profesionais.

Prado denunciou que a intención do Partido popular e continuar no “camiño da privatización” da sanidade e o decreto “cheo de indefinicións” deixa sen resolver multitude de aspectos relacionados coas condicións laborais e profesionais que se adscriban ás Áreas de Xestión Clínica.

Neste sentido, lembrou que dende que goberna na Xunta o Partido popular xa foron exterenalizados diversos servizos hospitalarios en beneficio de empresas privadas e agora o PP pretende privatizar tamén “ás batas brancas” en alusión á precariedade laboral dos facultativos.

A deputada lembrou que o BNG negociou co PPdeG, no pasado debate do Estado da Nación, unha proposta de resolución para “blindar” ás áreas de xestión clínica contra a “privatización” e manter o carácter estatutario do persoal, pero o decreto (publicado na páxina web da Consellería de Sanidade) non incluíu ningún cambio dende o acordo parlamentario. A xuízo da nacionalista, o proceder do Partido popular constata o incumprimento da resolución acordada e representa unha “nova mostra” da escasa “fiabilidade” que nos ofrecen os populares.

Por outra parte, lembrou a exitosa folga de dúas xornadas dos profesionais da sanidade e posteriores 2manifestaciónn, “o PP,dixo, debería tomar nota” das demandas do colectivo sanitario e non responder como fixo o Presidente da Xunta e a conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera convidando a “cruzar os dedos para non aplicar máis recortes e tomando máis mel e menos medicamentos”.

Para a deputada, a actitude do mandatario galego e da titular de sanidade “é un novo insulto” ás demandas da cidadanía que padece diariamente “o deterioro” das prestacións sanitarias.

Montse Prado manifestou que o PP só pensa en criterios economicistas e desoe aos miles de persoas que reclamaron nas rúas das cidades galegas unha “Sanidade pública, gratuíta e universal” ademais de paralizar todos os recortes que o Partido popular vén aplicando.

A parlamentaria anunciou que o BNG seguirá traballando para impedir a posta en marcha do novo decreto polo que defenderá unha Proposición non de lei para iniciar un proceso de negociación coa Mesa sectorial co obxectivo de apostar por un modelo de xestión clínica “eficiente” e buscando a mellora da xestión da sanidade pública galega.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG