BNG e FRUGA piden responsabilidades políticas ao PP no proceso de Alimentos Lácteos S.A

Tereixa Paz reclamará no Parlamento investigar as decisións políticas que levaron á Xunta a optar por estas cooperativas e as condicións polas que se concederon axudas públicas a este proxecto empresarial

Tereixa  Tereixa Paz na reunión con representan

A portavoz de agricultura do BNG, Tereixa Paz mantivo hoxe unha reunión, en sede parlamentar, con representantes da Federación Rural Galega (FRUGA) ao fin de analizar a actual situación de Alimentos Lácteos S.A e iniciar a investigación das decisións políticas do Goberno galego e o Partido popular e a súa vinculación cos responsábeis xestión empresarial e comercial de Alimentos Lácteos S.A.

Paz trasladou aos representante da FRUGA, Manuel Dacal e Elías Somoza que á iniciativa do BNG que será debatida no Parlamento galego proximamente ante as últimas actuacións xudiciais no concurso de acredores que se está a tramitar no Xulgado do Mercantil de Lugo e que veñen a confirmar as denuncias políticas formuladas, hai tempo, polo BNG.

BNG e FRUGA manifestan a necesidade de iniciar unha investigación minuciosa e depurar as responsabilidades políticas derivadas da decisión adoptada polo Goberno da Xunta de Galiza que prestou asesoramento e axuda económica e participou directamente na todas de decisións económicas e relacionadas coa xestión empresarial e comercial de Alimentos Lácteo S.A.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG