O PP oculta os datos de doentes que prescinden de medicamentos polo "copago"

Montse Prado escoita a intervención do portavoz popular

O PP impide no Parlamento elaborar  un estudo sobre o número de persoas que prescinden de recoller  medicacións nas farmacias  polo “copago”

Montse Prado escoita a intervención do portavoz popular

A deputada do BNG, Montse Prado denunciou que os recortes do PP obrigan a pensionistas e enferm@s crónic@s a deixar de recoller os medicamentos, “aínda que o PP se empeñe en negalo”.

A proposición non de lei defendida hoxe pola deputada do BNG, Montse Prado para a realización dun estudo do número de receitas non recollidas nas farmacias galegas por pensionistas e enferm@s crónic@s foi rexeitada polo Partido popular por considerar que non hai doentes nesta situación.

A parlamentaria nacionalista lamentou o voto desfavorable do Partido popular e reiterou que, só a través dun estudo pódese confirmar que os recortes do PP en sanidade están a provocar que moitas persoas, pensionistas e doentes crónicos, “renuncien a recoller medicamentos prescritos polo persoal facultativo ante a imposibilidade de poder pagalos”.

O PP asegura que os recortes non inflúen n@s doentes

Montse Prado criticou que o portavoz popular, Miguel Santalices defendera que o “copago non está a repercutir na cidadanía” polo que reiterou a súa petición para elaborar un estudo que corrobore esta afirmación ou polo contrario, “evidencie que os recortes inflúen á hora de mercar as medicinas, sobre todo naquelas persoas con menos ingresos”.

A deputada preguntou qué ten que ocultar o Partido popular para negarse a elaborar este estudo, “ a conselleira afirmou na Cámara galega que non lle consta que haxa persoas que prescindan dos medicamentos polo copago pero nós, dixo, temos datos moi diferentes”.Montse Prado en Comisión

Dende o BNG queremos saber que está pasando coas medidas que o PP puxo en marcha e este Parlamento ten dereito a coñecer as consecuencias desas medidas na cidadanía, “vostedes, dixo, teñen accesibilidade para coñecer os datos” pero seguen “ocultando” e negándonos esa información.

A deputada volveu reclamar un informe que considerou de “fácil” elaboración ao contar o PP con todos os datos informatizados porque de non ser así, afirmou “ demostran que algo teñen que ocultar”.

Prado explicou que na actualidade hai pacientes que escollen de que patoloxía se medican tomando unha pastilla diaria en vez de tres para que o medicamento chegue ata final de mes, “esta é a realidade”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG