Davila acusa ao PP de impór unha reforma local que ninguén quere

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, defendeu na Comisión de Facenda e Administracións Públicas as emendas presentadas polo BNG para mellorar o proxecto de lei de Reforma Local, mais o PP se negou a incorporar calquera das propostas das nacionalistas galegas.

Previamente ao debate desta tarde, o BNG presentou a semana pasada emenda de totalidade a esta lei por vulnerar a capacidade de decisión e competencias dos concellos, así como as responsabilidades autonómicas para facer un deseño centralista da estructura local.

Davila acusou ao PP de facer unha “reforma anti democrática porque vai limitar a acción política dos concellos e van promover unha estrutura administrativa caduca e decimonónica como son as deputacións, cando son uns organismos que deberían estar xa nunha fase de eliminación porque duplican as funcións doutras administracións como as CC.AA e os concellos”.

Pasan de todo

Neste sentido, a portavoz do BNG reprochou aos populares que “fagan unha lei para suprimir competencias e dar máis poder ás deputacións”. E ironizou sobre o pretendido diálogo de Montoro quen no pleno do xoves pasado tendeu a mán para falar pero “esta tarde nos atopamos co mesmo rodillo de sempre. Van impór unha lei que ninguén quere”.

A pesar das críticas dos concellos, incluidos os seus e nesa liña lembrou que “concellos do PP subscribiron o rexeitamento e as críticas da Fegamp á reforma local”, van aprobar unha lei apelando “ao único que saben argumentar: a súa maioría parlamentar. Máis, saiban que non é a coartada que vale para todo porque a cidadanía non lles votou para que gobernen de xeito imperativo”.

A deputada do BNG reprochou ao PP que “faga oidos xordos ás aportacións das distintas formacións políticas como as realizadas polo BNG”.

Ademáis, Davila puxo de relieve a outra intencionalidade do proxecto que é a de aprofundar no proceso privatizador dos servizos públicos, optando pola xestión indirecta dos mesmos. Nese sentido, salientou que a estructura administrativa das deputacións, que teñen escasa organización de servizos prestacionais, incentivará a delegación cara o sector privado da responsabilidade de organizar e xestionar servizos até agora municipais.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG