A Xunta non asume os aeroportos galegos e traslada o problema aos concellos

A deputada Ana Pontón critica a “inacción e falta de responsabilidade” do Goberno galego ante o continúo descenso de usuari@s nos aeroportos galegos

Intervención de Ana Pontón no Parlamento galego

Ana Pontón asegurou que a situación dos aeroportos galegos atravesa un mal momento que fai preciso unha actuación urxente do Goberno galego e criticou que a Xunta, unha vez máis, traslade aos concellos a xestión dos aeroportos.

No debate da pregunta parlamentaria nacionalista sobre a contratación, por parte da Xunta, do Plan estratéxico do Sistema aeroportuario, a parlamentaria lembrou que o número de viaxeiros/as nos aeroportos galegos descendeu considerablemente a respecto dos aeroportos estatais. No ano 2013, explicou rexistráronse no aeroporto de Santiago 1.800.000 pasaxeir@s cunha baixada do 5 por cento respecto do ano 2012, no aeroporto da Coruña a baixada foi similar e no de Vigo a cifra catro veces maior.

Asegurou que a crise económica pode ser unha das múltiples causas desta situación pero outros aeroportos do noso entorno, dixo, seguen ascendendo, polo tanto, resulta evidente que as políticas do Partido popular e a súa concepción “centralista” do sistema aeroportuario no Estado lastra o desenvolvendo dos aeroportos galegos.

Para Pontón resulta innecesario, incómodo e caro pasar polo aeroporto de Madrid cada vez que os galegos e galegas pretendemos comunicarnos con outros aeroportos do mundo.

Neste sentido, a nacionalista avogou por seguir reclamando as competencias, a pesar de que neste momento, ironizou, a palabra “descentralizar” crea “alerxia no Partido popular”.

O PP segue fomentando o localismo e a política do caos

 O Goberno galego, “non ten vontade para asumir as competencias” de aí, que actúe con “improvisación e fomentando unha política do caos” reducindo o futuro do noso sistema aeroportuario a unha simple “guerra localista”.

Tras a intervención da xerente da Axencia de Turismo, a deputada do BNG aludiu á licitación dun Plan estratéxico para o sistema aeroportuario galego (negociado e sen publicidade) esquecelo despois, a pesar de investir no documento 30.000 euros de fondos públicos.

En paralelo, engadiu, o Goberno central anunciou un plan para os aeroportos galegos que “non muda nada” xa que só esboza criterios e obxectivos sen determinar o seu cumprimento, seguimos, dixo, padecendo a “falta de rutas estables, mesmos intereses de Madrid e máis política do caos”.2 (2)

Pola súa parte, a Xerente da Axencia de Turismo, Elena Barca afirmou que o Plan estratéxico aeroportuario galego ten como obxectivo garantir o sistema de maneira coordinada entre Alvedro, Lavacolla e Peinador, e os concellos con estes aeroportos deberán adoptar unha “postura consensuada”.

A deputada replicou que o único que está a facer a Xunta é “acentuar o localismo e desentenderse dun problema” que debe ser abordado baixo unha perspectiva de país ou dentro duns anos, augurou, “estes aeroportos pecharán”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG