Davila quer que Cañete compareza polo reparto dos fondos europeoas da PAC que prexudican a Galiza

FOTOS COMISIÓN PACTO TOLEDO 004A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, quer que o Ministro de Agricultura e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, compareza na Cámara a explicar cais foron os criterios empregados á hora de distribuir entre as CC.AA os fondos europeos da PAC.

Davila solicitara no pasado mes de decembro, e en dúas ocasións, a comparecencia de Cañete con antelación para que acudise á Cámara a informar dos criterios que se ían seguer.

A deputada do BNG considera que o titular de Agricultura debe dar explicacións de cómo se distribuiron os fondos, “un reparto que non foi nada favorábel para Galiza porque saiu prexudicada. Non entendemos desde o BNG como a conselleira de Medio Rural aceitou o reparto”.

Para Davila a cantidade destinada ao agro galego, 168 millóns de axudas directas ás explotacións supoñen tan “só o 3% do monto total que o Ministerio vai repartir entre as diferentes zonas do estado”. A deputada do BNG afirma que o Ministro “non se complicou, e cando por vez primeira Bruxelas otorgou aos estados a capacidade para distribuir eles os fondos, Cañete optou por continuar o sendeira da UE, que sempre discriminou a Galiza”.

No que se chama axudas para o primeiro piar, o das axudas directas aos gandeiros e labregos “que acabamos de mencionar, non se pode estar satisfeito porque claramente estamos moi por debaixo do que nos debería corresponder debido ao grande peso que o agro galego ten, e sobre todo, polo importante número de explotacións gandeiras na Galiza que están a facer un labor moi importante, tanto desde o punto de vista do emprego, como o da riqueza agraria ou o de fixar poboación no rural”.

Davila móstrase moi crítica coa Xunta por “se ter deixado levar sen rechistar apenas”. E afirma que “agardamos a que Cañete acuda ao Congreso a dar explicacións e poder manifestarlle as críticas do BNG”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG