Comercio de proximidade e produtos galegos, moratoria na implantación de grandes superficies

VENCE +LORES EN PONTEVEDRAVENCE +LORES EN PONTEVEDRA2O BNG aposta polo comercio de proximidade como sector básico da economía galega tanto pola súa capacidade para crear emprego como, tamén, pola capacidade de vertebrar e dinamizar económica e socialmente ás cidades e ás vilas do País.

Así o explicou o portavoz nacionalista, Xavier Vence, que se desprazou a Pontevedra para falar das propostas do Bloque en materia de comercio, por considerar que a cidade do Lerez  “é o modelo a seguir, un espello no que mirarse, en particular o Goberno de Feijóo”.

Vence, que percorreu as principais rúas comerciais de Pontevedra co alcalde Miguel Anxo Fernádez Lores, puxo a cidade  “como o modelo da política e das propostas do BNG en apoio do pequeno e mediano comercio, do comercio urbano de proximidade, como é o caso de Pontevedra, onde comprobamos nestas rúas cheas de negocios e de transeuntes a combinación perfecta entre desenvolvemento económico, urbanístico e social, cun modelo de cidade viva no económico e no social”.

A proposta do BNG para defender o comercio local inclúe unha moratoria para a implantación de grandes superficies comerciais, “xa presentada no Parlamento e que debe ser atendida pola Xunta”, así como regular horarios comerciais que faciliten xornadas laborais razoables para empregrad@s e para os propietarios dos negocios familiares.Tamén considera clave estabelecer liñas de créditos prioritarias para pequeno e mediano comercio con aval público.

Campaña do Nadal

En pleno periodo do nadal, dos máis importantes para o sector, o BNG pon en marcha unha campaña na que convida á cidadanía galega a realizar as súas compras no pequeno e mediano comercio e a optar por elixir produtos galegos, por considerar que aportan un plus de calidade e de servizo ao consumidor e polo efecto multiplicador da economía local.

O BNG esgrime o servizo de calidade e personalizado do comercio tradicional e a calidade e sustentabilidade dos produtos locais, -en particular os alimentarios-, como argumentos para animar aos consumidores a optar polo comercio de rúa e polos produtos autóctonos á hora de mercar.

Igualmente, aposta por incentivar a compra de produtos locais con promoción da súa etiquetaxe en galego, fomentar os centros comerciais  abertos como fórmula de oferta competitiva do comercio de proximidade.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG