Rodas pide responsabilidades á consellería de Pesca ante as novas cotas

Daniel Rodas

O nacionalista, Daniel Rodas critica o futuro reparto de cotas pesqueiras, baixo supostos criterios históricos, que deixará a Galiza sen posibilidades de pescar e denunicia a falta de peso político galego nas negociacións.

Daniel Rodas en debate parlamentario

O portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas afirma que “a negociación das cotas pesqueiras prexudican gravemente á flota galega”.

O deputado lembra que no mes de decembro do ano 2013, os representantes do sector pesqueiro galego negociaban en Madrid o reparto de cotas no Cantábrico noroeste e as especies estratéxicas para o sector: rincha, xurelo ou lirio, acadaban un resultado bastante exiguo para os intereses galego.

No caso da xarda, dun total de 254 barcos correspondíalle un 24,8% das 29.019 toneladas que a UE ten asignado ao estado español para o ano 2014, iso sen descontar as 7.000 toneladas de sanción por sobrepesca de anos anteriores.

Flotas beneficiadas por “supostos criterios históricos”

E ilustrativo o feito de que na mesma negociación, engade Rodas, outras flotas cun número menor de barcos levaran unha maior parte. Así “os vascos coparon case o 50% do total de capturas, os cántabros case o mesmo que os galegos, un 23,6% e os asturianos un 3% do total”.

Por outra parte, o reparto fíxose en base aos “supostos dereitos históricos”, aplicándose durante anualidades e Galiza estivo sometida a un plan de capturas ou incluíndo as últimas anualidades cando se esgotaban as capturas antes de que chegasen as nosas augas.

Unha negociación, critica o deputado do BNG, na que foron “ninguneados” os criterios de zona altamente da pesca, aspectos sociais, número de empregos ou o de unidades operativas, e impoñendo, igual que Europa, “criterios históricos de pesca”, que o favorecen aos que tiveron a oportunidade de pescala e de excederse do tope.DSC_0525

Unha vez máis, asegura Rodas, as negociacións en Madrid, acaban “sen chegar a acordo”, permitindo á Dirección Xeral do Mar que estableza o modelo de reparto.

O BNG pide responsabilidades á consellería do Mar

A xuízo do parlamentario “os representantes políticos de Galiza renuncian a defender, o que en xustiza, lle corresponde e esixir un novo modelo de reparto que contemple as peculiaridades da pesca galega: somos a zona de maior dependencia pesqueira de toda Europa, có maior número de embarcación, o maior número de empregos directos, con capacidade para incidir na maior parte do tecido produtivo do País, pero carecemos de capacidade de negociación para defender un dos nosos sectores máis estratéxicos”.

En Bruxelas enchéselle a boca falando de preservar o recurso, dos criterios de explotación sostible. A sostenibilidade, manifesta, pasa por defender e por en valor o modelo galego: embarcación artesanais, que desenvolven unha actividade responsable, cun gran número de pequenas empresas e autónomos en contraposición ao modelo industrial de outras partes do Estado.

É o momento de defender os criterios de sostenibilidade, de reparto equitativo do recurso. Un recurso público que debe tender a distribuírse de forma equitativa entre a maior parte da rede extractiva e non concentrala na parte máis industrializada da flota. Xustamente Galiza debe defender o criterio de protexer as unidades produtivas máis pequenas, artes menores, en contraposición das frotas de maior tamaño.

O deputado do BNG pide no Parlamento galego “responsabilidades á Consellería do Mar” a través de diferentes iniciativas por “renunciar a que Galiza poda seguir pescando”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG