Davila demanda ao Goberno "firmeza ante a UE" pola "fraude" do Acordo de Pesca UE-Mauritania

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para demandar ao Goberno español que reaccione ante a UE e se revise canto antes o Acordo de Pesca UE-Mauritania, un “acordo totalmente fraudulento”.

Davila fai alusión a un Informe da FAO, o Inform Globefish sobre comercio pesqueiro, que pón en cuestión os argumentos de Mauritania sobre a escasez do stock de polbo.

Lembra a deputada do BNG que o Acordo pesqueiro “o denunciamos en multitude de ocasións por ser discriminatorio para os barcos galegos cefalopodeiros que foron excluidos”. Davila contrasta as afirmacións da Comisaria Europea de Pesca, María Damanaki, quen sinalou que esta especie está sobreexplotada no norte de África, coa venda de recentes partidas de polbo conxelado procedente do pais africano. “A mesma FAO responsabiliza á UE de ter insistido co exceso de pesca en Mauritania mentras se recibe mercancía de polbo do mesmo pais.

A FAO pón de manifesto que se recibe polbo conxelado de Mauritania

No mesmo documento da FAO, fálase de buques con bandeira de Mauritania que están a pescar polbo, aínda que os barcos máis numerosos adicados a esa pesca son chinos.

Dadas estas informacións, e do rexeitamento da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo en relación a este Acoro de Pesca, “Qué medidas de presión prevé adoptar o Goberno para garantir que se renegocie o Convenio pesqueiro, asegurando a inclusión dos barcos galegos?”. Ademáis, Davila pregunta a Cañete se coñece o Informe da FAO “dadas as reveladoras conclusións”.

Davila dirixe unha batería de pregunas a Cañete: “Non considera o Goberno que no Informe se pón en evidencia que no caladoiro mauritano non existe un problema de stock de cefalópodos? Como se entende que se fale de escasez da pesquería de polbo e á vez se reciba polbo conxelado procedente de Mauritania?

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG