Davila pide a comparecencia de Gallardón pola privatización dos Rexistos Civís

OLAIA SENTANDOA portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou hoxe a comparecencia do Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, para que acuda ao Congreso a explicar por que razón decidiu traspasar a xestión dos Rexistos Civís a máns dos rexistradores mercantís.

Ademáis, a portavoz do BNG quer que explique que repercusións vai ter esta medida sobre o peto dos cidadáns e que consecuencias vai ter para a plantilla de traballadores dos Rexistos Civís dependente do Ministerio de Xustiza.

Asemade, a deputada do BNG presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara na que dirixe unha batería de preguntas a Gallardón sobre este tema: “En que se basea o Ministerio para traspasar a máns dos rexistradores mercantís e da propiedade a xestión dos Rexistos Civís? Non sería máis axeitado que fosen considerado un rexisto administrativo xestionado por funcionarios públicos específicos, de xeito gratuito ou baxo a supervisión de Secretarios Xudiciais? Non está o Goberno dando pasos de cara á aberta privatización dos Rexistos Civís?”.

Davila reprocha a Gallardón que máis unha vez “o ministro abre outra fronte no ámbito da xustiza, socavando aínda máis o enorme burato que abriu co mundo da xustiza desde a implantación das taxas xudiciais. É outro paso lexislativo máis que non foi consensuado nin naceu froito do diálogo. A norma aprobado o pasado venres nun macro Real Decreto que é un totum revolutum, provocou o malestar do Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís, dos Secretarios Xudiciais e de diversas organizacións sindicais da Administración da Xustiza”.

Gallardón rompe o consenso que houbo en 2011 sobre este tema

A deputada do BNG lembra que o modelo aprobado en 2011, que deu luz verde á desxudicialización dos Rexistos Civís, “fora produto dun amplo consenso entre o personal da Adminsitración de Xustiza, as CC.AA e as entidades locais, partes todas implicadas até no Rexisto Civil. Por iso resulta máis inexplicábel este cambio de orientación imposta polo Ministerio, ao pasar dun sistema de amplo apoio a un que provocou un amplo rexeitamento”.

Rexistradores mercantís e modelo de xestión privado

Á deputada do BNG preocúpanlle dos aspeitos fundamentais desta decisión: un relativo ao posíbel custe futuro que deberán afrontar os cidadáns en relación á diversas tramitacións, e outro relativo ás consecuencias sobre a numerosa plantilla de traballadores.

Salienta Davila que os rexistradores mercantís son funcionarios pero o seu sistema de retribución en base a aranceis que satisfaen directamente os cidadáns que acceden aos seus servizos, fai que teñan un modelo de xestión privado, ao que se lle aplican procedementos propios do dereito privado.

Os cidadáns terán que pagar no futuro

En canto aos posíbel recurtes de traballadores, Davila sinala que existe unha grande preocupación entre a plantilla de Rexistos Civís dependentes do Ministerio que temen polos seus postos laborais. Advirte a deputada do BNG que “o Ministerio só se comprometeu a recolocalos nos xulgados o que á vez pón en perigo o posto de traballos de miles de interinos”.

A portavoz do BNG pón de manifesto que ante a eliminación dos Rexistos Civís e a súa adscripción ao sistema rexistral da propiedade e mercantil cuxu financiamento se basea en exixir o pagamento pola expedición dos seus servizos, os cidadáns terán que pagar pola tramitación de numerosos expedientes e con toda probabilidade, no futuro deberán custear determinadas inscripcións e certificacións”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG