O BNG pide reprobar a Samuel Juárez por perseguir á cidadanía

Carga policial na visita de Merkel a Sanitago

Francisco Jorquera lamentou que o Partido popular xustifique o proceder do Delegado do Goberno e a persecución das persoas que se manifestan pacificamente

Francisco Jorquera pide reprobar a Juárez

 Pleno.- O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera pediu no Parlamento galego “reprobar” ao Delegado do Goberno en Galiza, Samuel Juárez, polo intento de impoñer novas restricións a dereitos como o de manifestación.

Para o deputado, o proceder de Juárez responde a intención do Goberno español de converter “os conflitos sociais” nunha simple cuestión de orde pública, recortando liberdades e aplicando “medidas coercitivas”.

Os méritos de Juárez faino merecedor dunha reprobación

Na súa intervención, o nacionalista explicou que tras dous anos no cargo, son innumerábeis os méritos de Júarez que o fan merecedor de ser reprobado, incrementou de maneira abusiva as sanción contra as persoas que exercen o dereito de expresión, “só en 2012 e 2013 abríronse en Galiza 110 expedientes e as sancións superaron os 35.000 euros”.

Carga policial na visita de Merkel a Sanitago

Ningún colectivo, dixo, está libre da “febre sancionadora do delegado do Goberno, sindicalistas e traballadores, preferentistas estafados, membros de STOP desafiuzamentos, movemento contra a Megaminería, Plataforma Queremos galego e o acosa chega mesmo a sancionar a unha muller de 76 anos afectada pola estafa da preferentes argumentando que utilizou obxectos contundentes na rúa contra a cidadanía e forzas da orde pública, unha muller, dixo, dun metro corenta de estatura que golpeaba un sacho “sen mango” para facer ruído.

Outra muller, esta vez con andador, tamén foi acusada doutro grave perigo potencial ao igual que un home que conducía sen cinturón de seguridade tendo en conta que levaba “cinco anos falecido”.

Visita a Santiago da chancerelesa Angela Merkel

O último exemplo do proceder do delegado do Goberno produciuse o pasado mes de agosto coa visita de Angela Merkel ao impedir o acceso de moitos cidadán ao casco vello por portar pancartas e lucir pegatinas para acabar “mallando neles a paus” ante as mostras pacificas da súa discrepancia coas políticas de Merkel e Rajoy. Estas actuacións, afirmo, só buscan amedrentar ás persoas e colectivos que se mobilizan.

Samuel Juárez demostra unha mentalidade franquista

Juárez amosa un absoluto desprezo ao Parlamento cando impide as comparecencias de tráfico na Comisión de Seguridade vial ou cando propagou o “bulo” de que o accidente de Angrois podía deberse a un atentando.

Manifestación pacifica contra as políticas de Merkel e Rajoy

 Un señor, engadiu, que cualificou de”bárbaros” aos centos de persoas que pacificamente protestaron contra o desafiuzamento dunha anciá, “pinta o mundo ao revés e tilda de violentos ás persoas que protestaron pacificamente contra a visita de Merkel”. Juárez demostra unha “mentalidade franquista” e unha actitude e talante que o inhabilita para o exercicio das súas funcións.

Jorquera agradeceu a AGE e PSOE o apoio á Proposición non de lei nacionalista para reprobar ao delegado do Goberno.

O PP non avala a reprobación a Juárez

O deputado popular, Román Rodriguez González asegurou que as manifestacións e protestas pacíficas citadas pola oposición non se axustaron á regulación e os “incidentes foron moi limitados e puntuais”.

 Rodríguez anunciou que o Partido popular rexeitaba a reprobación porque a súa acción política é “prudente e equilibrada” e na visita da Sra. Merkel “houbo libre acceso ao casco vello pero con limitacións de carácter lóxico”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG