O BNG vota en contra da fragmentación do ADIF e acusa a Ana Pastor de servir a intereses privados

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, interviu esta tarde no pleno para manifestar a oposición do BNG ao Real Decreto sobre a reestructuración e fragmentación da entidad pública ADIF.

A deputada do BNG criticou a liberalización do ferrocarril e advertiu que é un sector que debe permanecer en máns públicas, tal e como sucedeu con outros sectores estratéxicos como o eléctrico que foron privatizados e “mire onde estamos hoxe”. Deste xeito se dirixía a parlamentar do BNG á Ministra de Fomento, Ana Pastor, que presentou previamente o Decreto sobre o ADIF.

“Sen inmutarse a pesar dos novos informes sobre a curva de Angrois”

Rosana Pérez expresou o rexeitamento do BNG á división de Renfe en seis sociedades, así como á división de Adif en dúas sociedades. Para a deputada do BNG a “tan mencionada liberalización” non é outra cousas que a decisión de favorecer os iniciativa privada e aos intereses do capital privado. “Se non como se entenden as presas do Ministerio por aprobar este Decreto cando tiña por diante seis anos, están a actuar con seis anos de antelación”. Advertiu que a reestructuración e fragmentación do Adif xerará tamén problemas na seguranza ferroviaria.

Cuestión esta última que aproveitou para lembrar o tráxico accidente de Angrois, “un sinistro aínda sen esclarecer por falla de vontade política, a pesar dos novos informes e dados que imos coñecendo, vostedes continúan sen inmutarse”.

Puxo o aceno na situación do ferrocarril na Galiza onde se están a eliminar servizos, se suprimen estacións, non se moderniza a rede convencional e é dos poucos lugares do estado que carece de cercanías. Unha situación que de seguro empiorará coa liberalización, sinalou.

Rosana Pérez afirmou que cos “seus plantexamentos de división do Adif en dúas sociedades haberá por un lado un Adif de primeira, o Adif do AVE, e por outro lado, un Adif de segunda, o da rede convencional”. Enfatizou que o Adif do AVE poderá endebedarse sen que compute no défice, e servirá a intereses privados, o que poderíamos chamar unha operación de enxeñería contábel”.

A deputada do BNG pregunta a Ana Pastor por que razón, “vostedes que son tanto de mirar a Europa, non toman o exemplo de países como Franza ou Alemaña que manteñen potentes empresas públicas ferroviarias”.

Rematou Rosana Pérez demandando un ferrocarril público, garantino o servizo público e garantindo a seguranza. Ademáis, puxo de manifesto a conseguinte destrucón de emprego que van levar a cabo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG