Fomento non da marcha atrás na supresión da liña Ourense-Puebla de Sanabria

A deputada do BNG, Rosana Pérez, dirixiuse esta mañá á Secretaria Xeral de Transporte para criticar o Plan de Racionalización do Transporte Ferroviario que contempla a supresión da liña Ourense-Puebla de Sanabria, e introduce moitas dúbidas sobre o mantemento da liña Ferrol-A Coruña.

Condenan a moitas poboacións a carecer de transporte público

“O Plan de Racionalización suprime o 25% das liñas ferroviarias e deixa sen servizo a moitas poboacións medianas como sucede coa liña Ourense-Puebla de Sanabria”, sinalou Rosana Pérez que tamén lembrou a Fomento a toponimia oficial galega, “é Ourense e non Orense, e é A Coruña e non La Coruña”.

A deputada do BNG criticou a eliminación desta liña porque deixa sen transporte ferroviario a poboacións como Cerdedelo en Laza, A Capela en Vilariño de Conxo ou de Verín. “Unha liña que no ano 2011 tivo un importante número de usuarios e que non conta con outras alternativas de transporte público. Suprimen paradas, pechan liñas e privan de transporte público a moitos usuarios como os estudantes en fin de semana”.

A parlamentar nacionalista afirmou que non é certo o que dí Fomento de que se “compatibilice a racionalización do gasto coa continuidade do servizo cando se eliminan liñas e outras non se sabe que vai pasar con elas. É o caso de Ferrol-A Coruña”. Neste sentido, subliñou que o BNG e a sociedade de Ferrolterra levamos anos demandando melloras nesa liña e “como comprenderá se non se melloran os horarios e as frecuencias dificilmente se aumentará a demanda, e a conclusión á que vostés chegarán é que son ineficaces e a pecharán”.

Rosana Pérez reprochou á Secretaria Xeral de Transportes a pouca claridade do Plan de Racionalización porque “é confuso e ambiguo. Vaise revisar cada dous anos o que é servizo público, o cal é como non concretar nada”.

A Secretaria Xeral de Transporte non da marcha atrás

A Secretaria Xeral de Transporte confirmou o peche da liña Ourense-Puebla de Sanabria e limitouse a sinalar que “até que o transporte alternativo non estea implantado, non se eliminará ningunha liña”. Engadiu que iso non sucederá antes do 30 de xuño e que “aís xa se terán operativos os novos transportes alternativos”.

Además, a representante de Fomento arroxou serias dúbidas sobre o futuro das liñas que están por debaixo do 15% de ocupación como é o caso de Ferrol-A Coruña, sinalando que non “podía garantir a súa continuidade”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG