Fomento admite ao BNG "variacións" na seguranza da conexión Ourense-Santiago

O Secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, negou este mediodía en resposta á deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, que se “rebaixase o sistema de seguranza da conexión de alta velocidade Ourense-Santiago en 2010”.

Ao mesmo tempo sinalou que “en todo caso, se fixeron cambios na implantación do ancho de vía”, cambiando o ancho de vía estándar que estaba planificado polo ancho de vía convencional. Uns cambios na implantación de ancho de vía que conlevaron “variacións en canto aos sistema de seguranza”.

A deputada do BNG dirixíase ao alto cargo de Fomento para preguntarlle “á vista do auto do xuiz do xulgado de Instrución número 3 de Santiago, se Adif aprobou en 2010 unha rebaixa do sistema de seguranza, cambiando o ERTMS polo ASFA, e se foi por aforro económico”.

Na súa intervención na Comisión de Fomento, Rosana Pérez aludiu ao auto do xuiz que leva a investigación do accidente de Angrois, onde se indica que Adif tería modificado o proxecto orixinario sobre a seguranza desta conexión por redución de costes. Nesa liña, a deputada do BNG remitiuse a xuño de 2010, data na que houbo unha xunta de Adif coas empresas encargadas da sinalización do Ourense-Santiago. Adif pediulles unha avaliación económica do custe da seguranza. Así se reduciu en 26,6 millóns, case un 20% a cantidade adicada a sinais, balizas, realización de probas para a posta en funcionamento. É dicer, en seguranza.

“Polo tanto, coidamos que é normal que moita xente se pregunte que tería sucedido no caso de que non se producise esa rebaixa económica adicada a seguranza”, enfatizou Rosana Pérez. Aludiu ao unha auditoría técnica de 2011 das empresas encargadas que conluiu que o ERTMS funcionaba satisfactoriamente pero alertaba de riscos no ASFA. Asemade, lembrou que Adif foi o responsábel máximo do cadro de velocidades, e que poucos metros antes da curva de Angrois había que pasar de 200 km por hora a reducir a 80.

De aí que “á vista do auto do xuiz, preguntémoslle se se rebaixou a seguranza neste tramo por unha cuestión de aforro”.

RESPOSTA DO SECRETARIO XERAL DE INFRAESTRUTURAS

O Secretario Xeral de Infraestruturas respostou que “rotundamente Adif non rebaixo o sistema de seguranza en 2010. En todo caso, fixemos un cambio na implantación do ancho de vía”.

Ante esta resposta, a deputada do BNG reprochoulle que “non me está a respostar” e requeriulle unha resposta.

A continuación o Señor Niño derivou as modificacións realizadas ao cambio de ancho de vía, “a liña Ourense-Santiago estaba planificada en ancho estándar e como non tiña conexión nin coa Meseta nin coa Coruña neste ancho, se decidiu implantar dous cambiadores de ancho”. Un deles á saída da estación de Santiago e outro en Ourense. “Con esta configuración estaban previsto el ERTMS nivel 1, el nivel 2 y el ASFA”.

Escudouse no cambio de ancho de vía para evidencia que isto conlevou un cambio nos sistema de seguranza. “Mantívose a explotación na zona do accidente de Santiago con ASFA”. Alegou que “non houbo variacións en canto á seguranza, todas as liñas AVE aínda que teñan o ERTMS teñen como respaldo o ASFA”. E sinalou que o ASFA “é seguro se se segue o protocolo”. Concluiu negando que a modificación do ancho de vía fose por cuestións económicas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG