A frota cefalopodeira, pendente do voto da Eurocámara ao acordo pesqueiro UE-Mauritania

O BNG trasladou hoxe en Bruxelas á frota cefalopodeira galega que votará en contra do acordo UE-Mauritania  no Plenario que se celebrará o 7 de outubro no Parlamento Europeo, a través da súa representación da coalición Europa do Pobos integrada no Grupo Verdes/ALE.

A secretaria de Política Internacional do BNG, Ana Miranda, transmitoulle a posición da formación nacionalista durante o encontro coa delegación galega desprazada á Eurocámara integrada pola conselleira de Pesca, Rosa Quintana, polo secretario xeral de Pesca, Carlos Domínguez, polo responsable de CIG-Mar, Xabier Aboi e polo director xerente de ANACEF, José Ramón Fontán.

Para Miranda “é fundamental exercer unha presión lexítima sobre o maior número posible de eurodeputados e eurodeputadas, tanto a nivel individual como a nivel de grupo parlamentar, e iso é o que pretende o BNG de aquí á celebración do Plenario, para acadar un apoio como o que permitiu unha amplio rexeitamento do acordo UE-Mauritania na Comisión de Pesca”. “Temos que acadar o mesmo, pero no Pleno da Eurocámara, como única posibilidade para frear este acordo e abrir o camiño de volta da nosa frota cefalopodeira ao caladoiro africano”, explicou.

Desde que se consumou a exclusión da frota cefalopodeira, o BNG mantivo constantes reunións para defender unha revisión do protocolo, a través dos seus representantesnos parlamentos de Galiza, Madrid ou Bruxelas, na procura dunha solución política a un tema de vital importancia para o sector, ademais de levar directamente aos representantes da frota afecta aos dintintos foros comunitarios.

A unha semana da votación no plenario da Eurocámara, o BNG mantén un encontro con esta delegación composta por representantes das diversas administracións e do sector, co fin de trasladar o apoio que vai dar co seu voto a través do actual eurodeputado da coalición Europa dos Pobos, Iñaki Irazabalbeitia, na votación que vai ter lugar o 7 de outubro en Estrasburgo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG