Rodas denuncia que Gardacostas utiliza de "maneira irregular" o parque móbil

O deputado  Daniel Rodas pediu, a través dunha Proposición non de lei, investigar o “uso privado” do parque público deste Servizo

Os votos en contra do Partido popular imposibilitaron que prosperara a Proposición non de lei do BNG defendida polo deputado Daniel Rodas para emprender accións contra o uso”irregular” do parque móbil do servizo de Gardacostas fora do horario habitual de traballo.

Para o deputado, na actualidade o parque móbil non está a funcionar con criterios de transparencia nas necesidades do servizo por mor das “prebendas” das que disfrutan os cargos de libre designación nomeados “a dedo”.

O parlamentario lamentou que o Partido popular tombara a proposta do BNG para investigar o uso irregular dos coches oficiais, por parte da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galiza e tomar as medidas oportunas contra este proceder.

O PP contribúe ao deterioro do Servizo co fin de “privatizalo”

Neste sentido, cualificou de “perverso” o modelo do Partido popular, polo que os funcionarios do Servizo de Gardacostas, “con soldos moi baixos” eran complementados con dietas, aínda que con “total improvisación” sobre os traballos a desenvolver, ese modelo, engadiu, foi amplamente rexeitado polas organizacións sindicais acadando finalmente, no goberno bipartito, modificalo introducindo a planificación durante 6 meses.

Agora, a realidade é que “esta previsión de traballo para seis meses, non se cumpre por parte da Subdirección” porque vai formando un equipo baseado na “lealdade” e non “profesionalidade” con “prebendas” como un vehículo propio que utilizan as 24 horas do día.

No debate da iniciativa nacionalista tamén explicou que nos últimos tempos incrementáronse os postos de responsabilidade “a dedo” mentres as bases operativas quedan sen dirección, cada vez máis avellentadas e negando novas incorporacións tras as xubilacións.

Un Servizo improvisado, burocratizado e sen dirección

O deputada asegurou no Servizo de Gardacostas traballan preto de 200 persoas sen coordinación entre seccións nin seguimento das unidades operativas polo que deben ser os propios traballadores os que asuman voluntariamente a responsabilidades das súas accións.

Mentres isto se produce, dixo, o número de cargos de libre designación “foi medrando” o que provocou “unha maior burocratización” e a progresiva privatización do Servizo.

A parte dos altos salarios das persoas que dirixen o Servizo, engadiu, estas, gozan doutras “prebendas” que obstaculizan o normal desenvolvemento, “utilizan o parque de vehículos fora da xornada habitual de traballo exclusivamente de maneira particular”.

Neste sentido, o parlamentario esixiu investigar o labor das persoas que dirixen o Servizo e o resultado das accións realizadas xa que na actualidade, afirmou, limítase a un “mero traballo administrativo no control dos partes, actas e incidentes” para posteriormente, transformalos en notas de prensa co fin de xustificar a súa función.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG