Último trámite: Davila afirma que "afortunadamente non aplicaremos a súa reforma local"

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, explicou no pleno desta tarde a rotunda oposición do BNG á reforma local que hoxe salvaba o seu último trámite.

Davila censurou ao PP e ao Goberno por aprobar unha lei imposta pola Troika. Máis, enfatizou, “afortunadamente non se vai implantar porque concellos e CC.AA non a van aplicar. Se o fixeran, os cidadáns, os veciños e as veciñas quedarían sin os servizos que se ofertan desde os concellos”.

A grande débeda é do concello de Madrid

A portavoz do BNG preguntou ao PP que “papel lle vai asignar a concellos de menos de 20.000 habitantes se se concentran os servizos nas Deputacións?”. E criticou ao Goberno pola súa obsesión por recentralizar competencias das CC.AA e dos concellos, “inmiscuíndose en responsabilidades autonómicas e locais, e dotando á Facenda da faculdade de control”.

Davila subliñou que “esta lei é imposíbel que se aplique, non só porque o BNG está en contra, senón porque os mesmos alcaldes do PP e presidentes de autonomías do PP se opoñen”.

A deputada do BNG acusou ao PP de enganar e empregar argumentos falsos porque “se escudan no défice cando as entidades locais non son as que teñen défice. Non poden endosar a todos os concellos do estado a grande débeda que tan só ten o concello de Madrid”.

Imaxes das diferentes protestas que levaron a cabo concellos gobernados do BNG amosando o rexeitamento á reforma local do PP

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG