Galiza véndese: Razón Monte Pío, interesad@s preguntar por Feijóo

Carme Adán

Carme Adán interpela ao conselleiro de Industria ao que reprocha permanecer como un espectador ante a “liquidación dos sectores produtivos galegos”

Adán na Interpelación ao conselleiro de Industria

Pleno- “Galiza véndese: Razón Monte Pío, preguntar por Feijóo”, desta maneira comezou a súa intervención a deputada do BNG, Carme Adán na interpelación ao conselleiro de Industria, Francisco Conde sobre as medidas previstas polo Goberno galego de fomento e mantemento do emprego no sector naval.

A parlamentaria asegurou que neste momento, “Galiza é un agasallo” que comparou coa venda de Novagalicia Banco a fondos de inversións e bancos, ou o estaleiro vigués Barreras á empresa mexicana PEMEX.

Vostedes, dixo, referíndose ao titular de Industria e ao Partido popular, venden como un grande éxito a venda do estaleiro galego sen ter en conta a situación de Galiza.Os traballadores e traballadoras están indignados ante o agasallo do estaleiro pero tamén é certo que representa a última esperanza ante posto de traballo, a súa función, dixo é garantir carga de traballo, contratos e financiamento pero desgraciadamente, deixaron os fondos do IGAPE nun estado de “anorexia”.

A nacionalista preguntou como se poden financiar os estaleiros galegos se Novagalicia Banco tamén é regalada e Galiza non conta con instrumentos de crédito e se a lei do Sector naval vai acadar o seu desenvolvemento, se o dique de Ferrol será construído ou polo contrario, “seguiremos escoitando neste Parlamento a mesma lería unha e outra vez máis”.

Vai haber carga de traballo para Navantia? porque o proceso de reestruturación dos estaleiros galegos data de 1978, dixo, e na actualidade “falar de competitividade” é “outra tomadura de pelo”.

Propostas do BNG para reactivar o Sector Naval

Dotación inmediata de carga de traballo, dique flotante e floteis e oposición a calquera pretensión de reestruturación consistente na redución da capacidade de produción, así de resolutiva mostrouse a deputada do BNG ante o conselleiro de Industria recen chegado de México.

Carme Adán

Adán lembrou a redución da masa laboral en Ferrol e pediu restituír persoal técnico e produtivo co fin de volver a construción con plena rendibilidade das instalacións, rachar coa actual estrutura de Navantia, “con ese Madrid que medra un 25% de cargos políticos e administrativos” e devolver a autonomía aos centros.

Finalmente, Adán reclamou desenvolver a lei do Sector Naval con “obxectivos claros da Xunta de Galiza para salvar este sistema produtivo” e non quedarnos na simple anécdota do alcalde de Ferrol nunha manifestación en Madrid.

Pola súa parte o conselleiro lamentou non compartir a visión económica nin as reivindicacións da nacionalista e asegurou que o Goberno galego segue “facendo esforzos” para impulsar o sector naval galego.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG