Rueda non explica os casos de corrupción que salpican o Partido popular galego

Jorquera prepara a réplica no escano

Jorquera interpela ao Vicepresidente, Alfonso  Rueda sobre Marcial Dorado, Pablo Crespo e a política da Xunta en materia de contratación pública

Jorquera interpela a Rueda polos casos de corrupción no Partido popular de Galiza

 Pleno.-O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera interpelou hoxe ao Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda sobre a política da Xunta en materia de contratación pública e criticou que o Partido popular impida sistematicamente as comparecencias que solicita a oposición para explicar os casos de corrupción que salpican ao PP de Galiza.

Neste sentido, aludiu ao informe do ano 2006 do Xerente do Partido popular,Modesto Fernández que revela a recepción de doazóns ilegais por parte de numerosas empresas, na súa maioría do sector da construción e beneficiarias de contratas públicas por parte da Xunta de Galiza.

O BNG pide que compareza Pablo Crespo

Asemade, aludiu ao ex-secretario de Organización popular, Pablo Crespo que nunha recente entrevista de televisión vinculaba ao Partido popular de Galiza na trama Gürtell, no caso Bárcenas,  presunto financiamento ilegal do partido e casos de corrupción dentro do PP.

Jorquera avougou pola máxima transparencia na concesión de contratas e concursos públicos e esclarecer os casos de corrupción, “Sr. Rueda, dixo, está vostede disposto a que compareza Pablo Crespo na comisión de estudos contra a corrupción creada no Parlamento galego para explicar o financiamento ilegal do Partido popular?, preguntou.

Jorquera escoita dende os escano as explicacións do Vicepresidente

Pola súa parte, o vicepresidente da Xunta declinou pronunciarse sobre a reclamación do nacionalista que aproveitou  a quenda de réplica para reiterar  a petición de comparecencia do exsecretario de Organización do PP en sede parlamentar.

Non e o BNG, é o  Xuíz Ruz o que fala dunha “contabilidade B” do Partido popular como  peza central na trama, non é o BNG, dixo quén fala de contratacións ilegais de empresa é Modesto Fernández, xerente do PP. Sr. Rueda,  responda ao que lle pregunto e non   con “insidias ou prendendo o ventilador” como fai sempre.

Alcaldes do PP imputados, investigados e condenados por corrupción

O deputado referiuse a  “indicios de graves delitos que salpican ao propio Goberno da Xunta” aos que sumou os casos  dos dous  alcaldes de Santiago, a alcaldesa de  Sanxenxo, Carballiño, Baltar Fisterra, Barreiro, O Pino, Abegondo... todos relacionados con presuntos delitos de corrupción como o alcalde de Barbadás investigado por ocultar máis de 200.000 euros, o de Portas condenado  por delito fiscal e o Delgado da Xunta en Ourense condenado por defraudar fondos públicos, esta é a realidade, sentenciou.

Jorquera lembrou que as relacións do Presidente da Xunta con narcotraficante Marcial Dorado  “sen explicación en sede parlamentar

O BNG non está a favor, dixo de desprestixiar a política nin o populismo que conduce a situacións autoritarias e antidemocráticas e por iso é necesario acabar coa “plutocracia”  e cos gobernos ao servizos dos poderosos, dende o BNG  reclamamos a transparencia da que “vostedes carecen”,concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG