Davila presenta unha batería de iniciativas para impedir que a UE recorte nun 40% as cotas de xurelo

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha batería de iniciativas parlamentares na Cámara (proposición non de lei, pregunta escrita e preguntas orais) para demandar ao Goberno que puxe ante a UE para evitar que se aprobe a drástica reducción das cotas de xurelo que propón a Comisión Europea.

Hai xurelo por todas partes

Explica Davila que a Comisión Europea propuxo para o 2014 “nada máis e nada menos que un recorte do 40% dos TAC no Caladoiro do Cantábrico Noroeste. Unha proposta que é un duro golpe para a nosa frota de cerco”. Sinala a deputada do BNG que “o sector do cerco galego non se pode crer o salvaxe recorte do xurelo, sobre todo porque en todas as saídas ao mar se corrobora a grande cantidade de stock desta especie que está por todas partes”.

Advirte a deputada do BNG que de saír adiante esta idea da UE “sería terríbel para o sector do cerco xa que vive fundamentalmente da pesca do xurela, unha especie básica para o seu sostemento. Sen esquecer os recortes noutras especies básicas como a xarda. Así que a composición sería nefasta para os nosos mariñeiros”.

A parlamentar nacionalista insta ao Executivo a “traballar intensivamente ante a UE para que se aumenten os TAC do xurelo e de xarda dada a sobreabundancia de stock destas especies”. Davila pide apoio para a frota do cerco, así como outras frotas artesanais que son “básicas para a dinamización económica de zonas costeiras de Galiza, crean emprego e fixan poboación”.

Davila traslada ao Goberno a critica do cerco galego porque os recortes da UE se plantexan para as augas que van de Fisterra cara o norte, a zona VIIIc, mentras que cara o sur, a zona IXa, a UE ten a idea de aumentar nun 17% as cotas.

Está é a razón pola que a portavoz do BNG presentou unha batería de inicaitivas, entre elas unha proposición non de lei, a fin de abordar este problema canto antes. “É urxente que o Goberno español redoble os esforzos ante a UE para evitar outro paso atrás en materia de pesca posto que nos últimos tempos se contabilizan demasiados retrocesos no ámbito da pesca polas continuas limitacións que impón a UE, que parece empeñada en rematar cun sector estratéxico para Galiza”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG