O recurso da Xunta contra a sentenza do Prestige é un “lavado de cara”

Os verdadeiros responsables da catástrofe non se sentaron no banquillo e na actualidade un gran número de barcos seguen utilizando o corredor galego para limpar os seus tanques

Jorquera pregunta a Feijóo que vai facer tras a sentencia do Prestige

Pleno- Na quenda de preguntas ao Presidente da Xunta, o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera cualificou de “lavado de cara” a presentación dun recurso do Goberno galego contra a sentenza do Prestige.

Na súa intervención, o deputado denunciou que tras once anos da catástrofe, “as costas galegas seguen indefensas” e o corredor galego utilizado como “retrete” onde os barcos limpan os seus tanques.

Jorquera tamén se referiu a paralización das investigacións, por mor dos recortes, das consecuencias sobre o medio ambiente e a saúde provocadas pola marea negra.

“Non hai seguimento vía satélite do tráfico polo corredor de Fisterra, as radiotelecomunicacións privatizadas e o servizo degradado e o único buque anticontaminante dotado para Galiza, vendido a unha empresa privada para convertelo nunha gasolineira flotante na ría de Ferrol”. Vai reclamar as competencias para o noso país ou prefire que as nosas costas segan gobernadas dende Madrid, preguntou.

Exxon Valdez, Erika e BP con condenas por vertidos contaminantes. En Galiza "sae de balde" contaminar

O portavoz do BNG afirmou que a catástrofe do Prestige foi provocada pola “incompetente xestión dos responsables políticos” ao que agora hai que sumar “unha burla xudicial” que representa outra humillación para Galiza.

Neste sentido, lembrou que existen precedentes de catástrofes semellantes á producida en Galiza nos que as propietarias dos buques foron condenadas a pagar os gastos de indemnizacións e limpeza das augas das costas.2

Á propietaria do Exxon Valdez a corte suprema de EE.UU impúxolle unha sanción de 366 millóns de euros, o armador e responsábeis das inspeccións do buque Erika condenados a pagar 192 millóns e BP condenada a limpar os vertidos dos seus pozos no Golfo de México e unha multa de 75 millóns de dólares. A sentenza do Prestige, condena ao armador a 9 meses de cárcere por desobediencia á autoridade,vostedes, dixo, utilizan a mesma estratexia que no accidente de Angrois, pretenden que “Mangouras sexa o único cabeza de turco”.

Os verdadeiros responsables da catástrofe do Prestige non foron imputados

Para cobrar polos danos causados só cabe iniciar, desde cero, a vía civil porque os “verdadeiros responsábeis non estaban imputados”.

Finalmente o deputado nacionalista asegurou que nas costas galegas prodúcense o 80% dos sinistros marítimos do Estado español e mentres Bélxica, con 60 Qm conta con catro buques anticontaminación, Galiza con 1.200 non ten ningún.

Vai o seu Goberno a reclamar as competencias en seguranza marítima e facer algo para resolver a “indefensión das costas galegas”, concluíu.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG