Tereixa Paz:“ Os orzamentos de Vicepresidencia, paradigma da mentira do PP”

O "mesmo mantra sempre" dixo Tereixa Paz que  criticou o gasto interno da consellería de Presidencia  en contraste cos recortes en Xustiza e Igualdade

Tereixa Paz

Tras a comparecencia do Vicepresidente da Xunta para presentar os orzamentos, a parlamentaria do BNG, Tereixa Paz afirmou que as contas para o 2014 resultan “o mesmo mantra de todos os anos” e representan “o paradigma da mentira eterna do Partido popular” instalado na propaganda.

Paz criticou o incremento de gasto corrente, (74.000 euros máis) e negou a afirmación de que que se gaste menos no funcionamento interno da Xunta nun 1, 9 por cento porque “o esforzo que lle pediron vostedes aos empregados públicos, castigándoos coa rebaixa salarial, volven a pedirllo este ano outra vez”, explicou.

Educación baixa un 2,2%, a respecto do ano pasado, Sanidade 4%, e as políticas produtivas de medio rural baixan nun punto, diminución que contrasta coa subida do gasto para pagar os intereses da débeda. Débeda que segundo o Banco de España multiplicou por tres dende que goberna o Partido popular coa súa “austeridade”.

Menos recursos para políticas de Igualdade

O gasto na Secretaria Xeral técnica, dixo experimenta un incremento do 7,7% mentres a Secretaría de Igualdade diminúe un 0,8%. A Igualdade para o PP é “un luxo” e por iso só empregará 12, 3 millóns de euros para o ano 2014 a pesar de que en todas as crises económicas “as máis afectadas sempre son as mulleres”. Na práctica, engadiu, vostedes eliminaron as políticas de Igualdade, algo que resulta “letal” e como consecuencia as mulleres presentan menos denuncias por violencia de xénero ante a falta de recursos. Dos 39 millóns de euros para programas de protección das mulleres este ano investirán só 12.Paz noticia 1

Ademais, redúcense 350.000 euros as partidas para as políticas de Igualdade nos concellos mentres o PP beneficia á Rede Madre e a centros de ensino que segregan por razón de sexo.

Tereixa Paz tamén se referiu á propaganda de Vicepresidencia “para seguir vendendo” o Centro de recuperación de vítimas de violencia de xénero do que dixo, “xa foi inaugurado pola deputada Paula Prado nas pasadas eleccións”.

Xustiza sen órganos para resolver o colapso xudicial

Que fixeron durante o ano 2013 ademais de continuar coas obras do Edificio xudicial de Ourense porque o resto dos investimentos anunciados seguen como di vostede “a piques” pero sen executar.

A deputada acusou a Rueda de “incapacidade” para acadar un acordo co alcalde de Vigo para a construción da “Cidade da Xustiza” e preguntou para cando a nova oficina xudicial e novos órganos destinados a resolver o actual colapso xudicial.

O mesmo “mantra” todos os anos

Paz mostrou o seu “estupor” sobre o anuncio do Vicepresidente da Xunta que avanzou a súa intención de manter “a quenda do pago de oficio”, do que dixo veñen vostedes a “vendernos os recursos para este servizo” cando está asegurado co financiamento das taxas xudiciais, “o mesmo mantra sempre”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG