O BNG defende na Cámara galega o dereito de Palestina a vivir na súa terra e en Paz

A deputada defendeu unha Proposición non de lei, que o PP rexeitou, na que pedía instar ao Goberno español a esixir do Goberno Hebreo, un “alto o fogo satisfactorio” e rotundidade a U.E e ONU para que Israel respecte o Dereito Internacional e o dereito de Palestina a vivir na súa terra e en liberdade”.

Montse Prado interveu co pano palestino

Pleno.-A deputada do BNG, Montse Prado lembrou hoxe no Parlamento galego o ataque “indiscriminado e xenocida” de Israel contra Palestina nos territorios da franxa de Gaza.

Na defensa da Proposición non de lei nacionalista, a deputada aludiu á colonización do Reino Unido e Francia e dende o ano 48, ao Estado de Israel que vulnerou o acordo para a constitución de dous estados soberanos con territorio propio. Na actualidade, dixo, o obxectivo político de Israel é acadar un Estado xudeu para o que é preciso erradicar a poboación palestina baixo o lema “Unha terra sen xente para unha xente sen terra” iniciando para este cometido “todo tipo de masacres e apartheid”.

Israel, engadiu, sempre se aliou coas grandes potencias mundiais para consolidar a súa posición sen respectar o Dereito Internacional nin os dereitos humanitarios porque todo o fundamenta na súa seguridade nacional esgrimindo que é o pobo elixido. Estamos, manifestou ante a imposibilidade de Palestina de vivir como pobo libre e soberano na súa terra, “os palestinos en Cirsjordania viven ocupados e en Gaza nun campo de concentración e exterminio”.DSC_0075

As resolucións internacionais declaran “inxustas e ilexítimas” as accións de Israel contra Palestina e a persecución dos xudeus na segunda Guerra Mundial “non lle da dereito a convertese en colonialistas, verdugos e imperialistas nin nun “Estado terrorista” con tropas de ocupación e negación dos dereitos de Palestina.

O BNG condena a agresión de Israel contra o pobo palestiniano e a criminal ofensiva militar contra a franxa de Gaza con máis de 2.127 mortos palestinos e palestinas dos que máis de 600 son nenos e nenas polo que pedimos que o Parlamento galego non se limite a ser “mero espectador” e demande do Goberno español esixir ao Goberno Hebreo o “inmediato cese dos bombardeos e un alto o fogo satisfactorio así como rotundidade a Unión Europea e Nacións Unidas para que Israel respecte o Dereito Internacional e o dereito de Palestina a vivir na súa terra e en liberdade”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG