Davila reprocha a Rajoy que "se atreva a falar de rexeneración democrática coas propostas que fai"

CONGRESOA portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu á tribuna da Cámara para lembrarlle a Rajoy que o último Consello Europeo se celebrou un mes após dunhas elecións cuxos resultados “lles deberían ter levado a unha reflexión porque houbo castigo aos dous grandes partidos non só no estado español senón en Europa en xeral”.

“Uns resultados electorais que demostraron o enorme descontento da cidadanía co modelo europeo, cunha política económica e social que condena á maioría da poboación á probeza”. A deputada do BNG comezaba así a súa intervención no Pleno ante a comparecencia de Rajoy polo último Consello Europeo.

Reprochou a Rajoy que a pesar de chegar tarde á cita de Bruxelas “vostede chegou puntual á cita do venres 27 de xuño para a votación do novo presidente da Comisión Europea, Jean Claude Juncker, cumprindo disciplinadamente co desexo da Señora Merkel que lle pedira que optase por el. É vostede un aluno aplicado”.

Juncker foi elexido nas altas esferas e dacordo aos intereses de Alemaña

Denunciou o método de elección de Juncker, “decidido nas altas esferas de poder, dacordo aos intereses de Alemaña, baixo os mesmos métodos opacos e pouco democráticos de sempre. E como sempre sucede, o pacto bipartidista dará a puntilla ao nomeamento de Juncker que agora só lle queda un trámite, “o puro formalismo” en referencia ao trámite de votación no Parlamento europeo.

Reprochoulle que o défice democrático na UE e que “este sexa o seu particular xeito de entender a rexeneración democrática a pesar de que houbo un pronunciamento da cidadanía nas urnas contra prácticas políticas causantes do descrédito dunha función que debería estar ao servizo da cidadanía”. Davila tamén foi crítica co inmovilismo da UE sinalando que “nada cambia nesta UE que só ten conciencia monetaria”, e que seguirá polo mesmo camiño dadas as cinco prioridades marcadas para o futuro que redundan no modelo dunha Europa economicista.

A elección directa de alcaldes

Criticou que na axenda do Consellos voltase a aparecer cuestión prioritarias e importantes como a desigualdade, a inmigración ou o desemprego pero que ficaron aviadas como sempre, pendentes para seguintes Consellos. “Vostedes siguen co mesmo modelo europeo sen buscar solucións aos problemas da cidadanía” e aproveitou para amosar a crítica do BNG cunha “proposta súa que nos causou sorpresa e que nada ten que ver coa rexeneración democrática”. Davila aludiu á proposta de Rajoy de elección directa de alcaldes. “Vostede atreveuse a falarnos de rexenración democrática con propostas puramente partidistas, como a elección directa de alcaldes, que non é máis que a táboa de salvación que se inventaron para manter a calquer prezo numerosas alcaldías”.

Díxolle a Rajoy que “a súa proposta está nas antípodas da democracia porque nega o pluralismo político para imponer comportamientos dictatoriales, aprovechándose de su mayoría absoluta o absolutista”. Acusó al Presidente del Gobierno de hacer propuestas “a beneficio de parte, igual que cuando recortan escaños en los Parlamentos autonómicos”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG