O BNG pide explicacións ao Goberno luso pola actuación policial con dúas concelleiras de Salvaterra

BAIXANDO DO ESCANO 1As deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila, presentaron unha pregunta parlamentar na Cámara para preguntarlle ao Goberno se vai peder explicacións ao seu homólogo portugués pola desproporcionada actuación da policía lusa para con dúas concellleiras do BNG en Salvaterra do Miño.

Explican as parlamentares do BNG que o pasado 28 de marzo dúas concelleiras e un concellas do BNG en Salvaterra do Miño participaban nun acto institucional na localidade portuguesa fronteiriza de Monçao. As representantes municipais do BNG asistían como concelleiras convidadas no acto de conmemoración do 20 aniversario da ponte internacional que une a mare galega e a portuguesa no río Miño.

No momento no que as concelleiras do BNG procedían a despregar un pequeno cartaz de protesta ante o Vicepresidente da Xunta, amabas foron violentamente rodeadas polos axentes da policía lusa e desaloxadas do lugar de celebración do acto.

Unha das concelleiras cun parte de lesións

As deputadas do BNG descreben a violencia coa que as concelleiras foron tratadas polos axentes lusos sen fundamento algún: “sen que plantexasen conflictividade, nin violencia nin agresividade, a policía portuguesa rodeounas afastándoas da zona con moita agresividade, procederon a identificalas e posteriormente tiraron a unha das concelleiras ao chán, inmovilizándoa co pe e tirándoa con forza contra un coche”.

Como consecuencia das agresións policiais, unha das concelleiras tivo que ser atendida nun centro de saúde, onde lle deron un parte de lesións e posteriormente foi derivada a un centro hospitalario.

Sinalas Rosana Pérez e Davila que as concelleiras do BNG só despregaron un pequeno cartaz para pór de manifesto o uso eleitoralista da Plisan, proxecto que leva 14 anos paralizado, no que se gastaron 100 millóns de euros.

Salientan Davila e Rosana Pérez que “a desproporcionada actuación policial lusa contra as representantes do BNG, da que hai múltiples testemuñas, chegou incluso ao Parlamento portugués da mán do Bloco de Esquerdas, que trasladou os feitos ao Goberno luso”.

Consideran as deputadas do BNG que “estes feitos graves non deberían se alleos ao Goberno español que debería peder explicacións ao Goberno portugués.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG