O BNG insta no Congreso a excluir as artes de "xeito" e "racú" da prohibición de pescar sardiña

FOTOS AVALIACIÓN MONTORO 2013 003As deputadas do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez, presentaron unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar na Cámara na que pien ao Goberno que exclúa as artes tradicionais de pesca de “xeito” e “racú” da prohibición de pescar sardiña dada “a escasa incidencia que a pesca con este tipo de arte ten sobre a sardiña e sobre os TAC”.

As parlamentares do BNG explican que o problema comezou coa orde do Ministerio de 31 de xullo, AAA/1512/2014, que estabelece un Plan de Xestión para a sardiña das augas ibéricas dentro das divisións CIEM VIIIc e Ixa. Segundo esa última orde, as Administracións portuguesa e española acordan o peche da pesquería de sardiña desde o 20 de setembro.

Artes tradicionais e utilizadas desde sempre

“Unha medida moi prexudicial para os mariñeiros que utilizan estas artes tradicionais que teñen escaso impacto sobre os bancos de sardiña, e que prexudican a 427 “xeiteiros” e a unha ducia de “racús”. Poñen de manifesto que no porto de Rianxo hai 116 embarcacións que usan o “xeito”.

As deputadas do BNG sinalas que este tipo de artes son propis de pequenas embarcacións con pouca capacidade de pesca, pescan perto das rías e as súas descargas non acostuman a superar as 4 caixas de sardiñas e xoubas por barco. “Non é unha pesca expansiva e non pescan toneladas”, afirman.

Davila e Rosana Pérez piden ao Goberno que atenda as xustas demandas deste colectivo de mariñeiros e os exclúa da prohibición de capturar sardiña. “Unha demanda compartida por outros sectores pesqueiro que corroboran o nulo impacto do “xeito” e do “racú”. Consideran inxusto que se lles aplique as mesmas restricións que se impuxeron á frota de cerca e aos barcos portugueses”.

O Goberno debe atender estas especificidades

Ademáis, poñen sobre a mesa o outro problema que afecta a estos mariñeoros que usan o “xeito” e o “racú. Refírense á proposta de regulamento da Comisión Europea que inclúe a prohibición de pescar en augas da UE con calquera tipo de rede de enmalle á deriva, o que lles afecta. “En anteriores iniciativas parlamentares, explicamos que se trata dunha arte de pesca tradicional, moi alonxada das temerarias “cortiñas da morte”, e respetuosas co ecosistema mariño.

Nun segundo punto, as deputadas do BNG emprazan ao Executivo a intensificar as xestións perante a Comisión Europea para que non se inclúa ás artes tradicionais de “xeito” e de “racú” no Regulamento da UE.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG