Macrotratado comercial USA-UE: máis poder ás multinacionais en detrimento da cidadanía

imagesO Tratado de Libre Comercio e Investimento entre entre Estados Unidos e a Unión Europea (TTIP), entrou esta semana na súa sexta rolda de negociacións en Bruxelas e ten como obxectivo liberalizar unha ampla gama de sectores económicos para facilitar a compravenda de bens e servizos.

Unha liberalización que para o BNG ten unhas consecuencias que van máis alá da supresión de aranceis, xa que afectará de cheo a actual normativa en vigor para a comercialización e venda de todo tipo de produtos, incluídos os alimentarios, que o tratado que agora se negocia pretenden igual á baixa dando prioridade a normativa menos restritiva e, polo tanto, menos segura cos consumidores, que na maior parte dos casos suporía asumir a que se aplica en EEUU.

Na práctica “é un atentado tanto contra a soberanía alimentaria e permitirá que as multinacionais campen con total liberdade, provocando consecuencias moi graves de rebaixa dos estándares europeos de saúde, medio ambiente e dereitos de consumidores”, advirte a portavoz do Bloque na Eurocámara, Ana Miranda.

“Desde o BNG queremos que a cidadanía saiba as graves repercusión deste macrotratado comercial que se resume basicamente nunha: os intereses das multinacionais pasan por riba da soberanía dos pobos e dos dereitos dos consumidores. Por que?, porque o que fai o tratado é igualar a normativa en materia de seguridade e consumo por abaixo, o que fai que teñamos menos protección á hora de comprar por exemplo alimentos. Un exemplo claro: podemos estar comprando alimentos modificados xeneticamente sen que o saibamos porque non exista obriga de informar ao consumidor”, advirte.

Desde Bruxelas, Miranda tamén se amosou moi crítica co ?segredismo e a opacidade co que se está a negociar un acordo desta amplitude que vai ter importantes repercusións tamén en Galiza, en particular sobre o emprego, os servizos públicos e os sectores produtivos e que vai crear un gran mercado transatlántico non que a soberanía dos Pobos e da cidadanía vai ser transferida ás multinacionais?.

Para difundir as consecuencias deste tratado para Galiza e mobilizar á cidadanía o Bloque vai promover a constitución da Plataforma Galega contra o TTIP e ultima un informe sobre as consecuencias económicas da aplicación deste tratado de liberalización en Galiza.

Igualmente, o Bloque impulsará un manifesto para sumarse á Iniciativa Cidadán Europea presentada esta semana, que ten como fin xuntar un millón de sinaturas en toda Europa para presionar ao Consello de Ministros da Unión Europea a anular o mandato de negociación do acordo TTIP. A Iniciativa Cidadana Europea contra o TTIP foi lanzada polo grupo Stop TTIP http://stop-ttip.org. Ademais, o BNG lanzou en twitter a campaña #ZúmballeAoTTIP.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG