Davila pide a Tejerina que aprobe as axudas pola extinción do Acordo de Pesca con Mauritania

congresoBNG15A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para preguntarlle á Ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, para saber se ten preparada a orde coas axudas aos mariñeiros prexudicados pola extinción do Acordo de Pesca UE-Mauritania a finais de xullo pasado.

Olaia Fernández Davila pón de manifesto que o estado mauritano decidiu a finais de xullo que todos os barcos que levasen 24 meses faenando no caladoiro “tiñan o Acordo finiquitado”. Segundo as informacións, parece ser que Mauritania demandaba á UE 28 millóns para que os barcos puidesen pescar até decembro, máis a Comisión Europea presupuña que estaría vixente até finais de ano.

Sinala Davila que “o tema das datas está en cuestión” e lembra que todo o mundo interpretaba que a súa vixencia sería até finais de ano.

Até xullo e ao albur do actual Acordo pesqueiro asinado en 2012, sólo faenaban en augas de Mauritania nove buques galegos: cinco de palangre de fondo, dous de palangre de superficie e dous de demersales. Lembra que a frota cefalopodeira foi excluida inxustamente do Acordo pesqueiro como están a demostrar os feitos.

A deputada do BNG sinala que “os mariñeiros afectados están actualmente á espera do borrador de orde que habilite as axudas por paradas temporais de actividade pesqueira”. Unha orde que, indica, debería estar lista canto antes.

Davila formula unha serie de preguntas á Ministra: “Vaise negociar un novo Acordo de Pesca entre a UE e Mauritania? Está claro que o Convenio debía expirar en xullo deste ano como decidiu Mauritania ou tiña que estar vixente até decembro? Non debería reivindicar a UE que os barcos faenasen até finais de ano?

Finalmente, a parlamentar nacionalista pide á Ministra que se multipliquen os esforzos para asinar Acordos de Pesca con outros estados e garantir posibilidades de futuro á frota pesqueira.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG