O BNG pide a retirada do macro Real Decreto Lei e denuncia que "é un obús contra a democracia"

PLENO 2A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu á tribuna da Cámara Baixa para deixar claro o voto en contra do BNG á convalidación do Real Decreto Lei 8/2014, de 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, que defendeu a Vicepresidenta Primeira do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría e pediu á Vicepresidenta a retirada do RD-Lei de imediato.

Davila dirixiuse a Soraya Sáenz de Santamaría para dicerlle que “moi mal están as cousas. Está claro que estamos ante a campaña eleitoral e vostede ten que subir o tón de propaganda. Porque o que fixo hoxe é pura propaganda para vender un RD que non hai forma de explicalo. Un RD que non é máis que un obús contra democracia”.

Acusou ao Goberno de lexislar de xeito antidemocrático cun Real Decreto lei que contempla a reforma de 26 leis en case todos os eidos ministeriais, consta de 176 páxina e aínda hoxe entregan en pleno debate 6 páxinas de correción de erros dun macro Real Decreto. “Fronte aos demagóxicos anuncios de rexeneración democrática, asistimos a un xeito de goberna a golpe de Real Decreto Lei. Normas feitas ao ditado dos poderes económicos”.

A portavoz do BNG salientou que “nunca antes asistíramos a unha devaluación de institucións democráticas tan grave”. Subliñou que o nexo común deste Real Decreto Lei é “o favoritismo cara determinados “lobbies” coa introdución de novas normas económicas que lonxe de favorecer a competitividade, promove a concentración e o reforzo de oligopolios empresariais”. Ademáis, concentración empresarial tamén vai á par dunha maior centralización económica e política, de xeito que os intereses de determinadas CC.AA se arrasan totalmente “impedíndolles exercer políticas económicas proprias en función da súa estrutura económica”.

Davila amosou o rexeitamento total do BNG a un Real Decreto Lei “con medidas de privatización, de desmantelamento do sector público, ademáis de grandes agasallos a lobbies económicos e a empresas a amigas do PP”.

Liberalización de horarios comerciais en A Coruña

En xeral “con este Real Decreto Lei gañarán as grandes superficies, o oligopolio do gas, as grandes constructoras que se beneficiarán da privatización de AENA, a banca, perderán as maiorías sociais, o comercio local, as PEMES e os consumidores en xeral”. Davila debullou algunhas das medidas normativas concretas recollidas no RD-Lei como a ampliación da liberalización de horarios comerciais que benefician ás grandes superficies en detrimento do comercio local. Reprochou ao Goberno de “impór desde Madrid modelos comerciais sen contar coa consulta a concellos nin CC.AA, sendo ilustrativa a liberalización de horarios para o comercio de A Coruña imposta”.

Privatización de AENA

Davila criticou a privatización de AENA, “unha infraestrutura produto de investimentos públicos millonarios, incluso financiada con importantes sumas de fondos de cohesión e estruturais, que se pretende ceder a grandes infraestruturas”.

Privatizacións dos Rexistos Civís

Olaia Fernández Davila aludiu tamén a outra das moitas medidas que van ter consecuencias moi negativas: a privatización dos Rexistos Civís mediante a decisión de traspasar a súa xestión a máns dos rexistradores mercantís e da propiedade.

Bonificacións ás empresas e uso fraudulento de fondos europeos

A deputada do BNG reprochou a Soraya Sáenz de Santamaría que no ámbito do emprego se adiquen a conceder bonificacións ás empresas nas cotas da Seguridade Social a cambio de contratos que poden suprimir cumpridos seis meses. Denunciou que isto supón “un uso fraudulento dos 1.800 millóns de fondos europeos para crear emprego e valdeirar as arcas da Seguridade Social”.

Privilexios para Gas Natural e para a banca

Acusou ao Goberno de facer unha modificación tributaria para o sector do gas para tapar un burato de 164 millóns de Gas Natural, o que “significa socializar as perdas de empresas con grandes beneficios”. No que atinxe á banca, subliñou que “blindan á banca ante impostos das CC.AA aprobando unha taxa mínima do 0,003% aos depósitos das entidades”.

A portavoz do BNG concluiu a súa intervención salientando “a gravedade das formas. Preocúpannos as formas, pero a esta formación política teríalle gostado debater sobre o fondo pero vostedes nolo impiden”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG