O BNG solicita no Congreso unha Deputación Permanente pola imputación de Cristina de Borbón

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, e a deputada do BNG na Cámara, Rosana Pérez, solicitaron hoxe unha Deputación Permanente para que comparezan o Ministro de Facenda e o de Xustiza en relación ao caso Nóos.

A portavoz do BNG considera que após de se coñecer onte a imputación da Infanta Cristina de Borbón por delito fiscal e blanqueo de capitais, é preciso que o Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro compareza no Congreso a explicar que actuacións e investigacións levou a cabo a Axencia Tributaria en relación ao caso Nóos.

Asemade, considera necesario que tamén compareza o Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, para que explique a actuación da Avogacía do Estado e da Fiscalía, que “en todos estes meses mantiveron unha postura entorpecedora e obstaculizadora, opoñéndose ambos órgaos á imputación da Infanta”.

Olaia Fernández Davila afirma que no auto do xuiz Castro hai elementos que deben ser explicados e clarificados por parte do Ministro de Facenda, posto que “o xuiz detectou doble defraudación e un reparto fiscalmente opaco através da sociedade mercantil, Aizoon, constituida a partes iguais por Cristina de Borbón e o seu marido, así como se observan ingresos que non se tributaron pola renda e gastos persoais que foron deducíbeis no Imposto de Sociedades”.

Montoro debe aclarar que fixo a Axencia Tirbutaria durante todos estes meses.

A razón pola que a deputada do BNG solicita a comparecencia de Gallardón é “pola posición obstruccionista da Fiscalía e da Abogacía do Estado que sempre se opuxeron á imputación de Cristina de Borbón. Debe aclarar a que se debeu tanta negativa cando a xustiza debe ser igual para todos, sexa cal sexa a condición de cada un”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG