Davila acusa ao PP no Pleno de culminar unha reforma das pensións para incentivar pensións privadas

OLAIA COMISION 003A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, acusou no Pleno da Cámara ao Goberno de “culminar hoxe unha reforma das pensións que só é para impulsar os plans de pensións privados”.

O Pleno do Congreso debatía e votaba definitivamente hoxe a reforma das pensións do Goberno popular que en palabras de Davila “é un recorte destinado a resolver o problema das entidades financeiras”.

Advertiu a deputada do BNG que “as presas do PP por sacar adiante esta reforma das pensións é porque teñen pensado nuns meses aprobar un proxecto de lei para impulsar as pensións privadas. Esa é a razón das presas”.

Puxo de manifesto que as pensións se van devaluar en aproximadamente 1.500 euros o que suporá unha perda de case o 10% do poder adquisitivo dos pensionistas. Reprochou ao PP de pasar totalmente dos Acordos do Pacto de Toledo. “O Goberno non ten en conta os informes do Pacto de Toledo” e sinalou que o propósito do PP é mirar polos intereses da banca.

A deputada do BNG ironizou coas palabras da Ministra Fátima Báñez quen recomendou facer plans de pensións, sobre todo nos casos con bases de cotización baixas. “Preguntámoslle á Ministra, con que cartos o fan? Con que medios se son mileuristas ou aínda pior? Son vostedes uns cínicos”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG