O BNG pide a Xunta que interveña no conflito dos Parques de Bombeiros
Tereixa Paz defendeu unha Proposición non de lei para reclamar a Xunta unha intervención no conflito laboral da empresa Natutecnia e acelerar a sinatura do convenio colectivo
A deputada do BNG, Tereixa Paz lamentou hoxe o voto negativo do Partido popular á iniciativa nacionalista que reclamaba unha intervención da Xunta coa empresa Natutecnia co fin de acelerar a solución as demandas dos traballadores dos Parques Comarcais de Bombeiros.
A parlamentaria lembrou que hai uns días, un membro do Goberno respondeu a unha pregunta formulada polo BNG que o convenio colectivo estaba moi avanzado e en camiño e a portavoz do PP, Paula Prado hoxe respondía á proposta do BNG na mesma dirección, agora vostede, ironizou Tereixa Paz, tamén está encamiñada ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e sigue aquí.
A portavoz popular, Paula Prado, xustificou o voto negativo do PP argumentando que o convenio está en marcha e non é oportuno que a Administración interfira.
Pola súa parte, Tereixa Paz tamén reclamou realizar unha auditoría para comprobar o cumprimento das contratacións e contra o acoso laboral denunciado por algúns traballadores tras participar nas protestas contra a empresa.
A deputada lamentou que a Xunta de Galiza sega mantendo que é un asunto entre particulares o conflito suscitado e lembrou que os parques comarcais están xestionados por unha empresa privada pero segue sendo responsabilidade da Xunta a correcta prestación deste servizo. Non estamos falando, dixo, dun problema entre o titular dunha mercería e os seus traballadores, referímonos a un servizo público que debe ser prestado en óptimas condicións, concluíu.