A deputada do BNG, Montse Prado interpelou hoxe ao conselleiro de Sanidade ante a situación de deterioro xerada polos continuos recortes e privatizacións nos servizos. O mellor que pode facer vostede pola sanidade, dixo, Prado “é dimitir” ao que o conselleiro respondeu que en ningún momento barallou tal posibilidade.
A parlamentaria do BNG acusou ao conselleiro de “mentir” e negar recortes e privatización que provocaron grandes protestas dentro do colectivo de profesionais da sanidade e doentes. Cando Aznar vendeu a AP-9, explicou a nacionlista tamén dixo que non estaba privatizándoa e moito me temo que vostede procede da mesma escola de FAES, ironizou.
Prado pediu ao conselleiro que escoite aos e ás profesionais que demandan un cambio de rumbo na política sanitaria, que reclaman medidas reais para aumentar os recursos, mellorar a Atención primaria e incrementar o persoal. Dende o ano 2009 até o 19 en Atención primaria houbo un recorte dun 15%, “1.424 profesionais menos” e resulta moi cansino, escoitar como dende o Sergas “falsean os datos continuamente inventando profesionais onde non os hai”.
A deputada recalcou que os datos evidencian a mala xestión da consellería de sanidade, porque cando alguén ten a todo o mundo en contra, recalcou Prado, “é porque non o está a facer ben”. Vostede, esta levando a nosa sanidade “ao desastre” e por dignidade, debe dimitir, reiterou.
A sanidade en Galiza camiña cara un “precipicio” e o Partido popular carece de alternativas para todos eses colectivos de profesionais que demandan do goberno respostas a situación de emerxencia dos PACs, servizos de urxencias, transporte sanitario, Atención primaria ou doentes ao que sumou os “colapsos” nos hospitais e as interminables listas de espera.