Luśi Bará: “O Plan Director Galego de Axuda Exterior debe recoller as demandas das ONGs”
Critica o anunciou do Partido popular sobre o incremento do gasto militar esixido pola OTAN e Trump e pide un plan de accións reais que melloren a vida das persoas
O deputado do BNG, Luís Bará mostrouse hoxe crítico coas previsións do IV Plan director da cooperación galega para o desenvolvemento 2018-2021 presentado en comisión polo director xeral de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo.
Para o deputado, o debate non pode circunscribirse a un “relatorio” de actividades presentadas “con gran optimismo”. O plan director de cooperación exterior debe, na súa opinión, recoller as “demandas da Coordinadora de ONGs” e destinarse a mellorar a condicións de vida das persoas.
Neste sentido, aludiu a algunhas desas demandas entre as que destacou a “ fragmentación da calidade da axuda que mingua a capacidade para xerar cambios positivos na mellora da vida das persoas” e considerou insuficiente orzamento de 8,8M€ para as comunidades.
O BNG, dixo Bará traemos hoxe aquí estas esixencias e demandas polas que discreparmos do novo plan director e afirmou que a crise humanitaria non responde ás sete pragas de Exipto, ten causas específicas como as intervencións militares e intereses económicos contrarios aos dereitos humanos, sobre todo en Africa, causa fundamental do actual “éxodo masivo ao que Europa rexeita darlle unha resposta axeitada”.
Bará cualificou de “vergoña” o compromiso de Galiza o 26 de setembro do ano 2015 aos que sumou os compromisos incumpridos do Estado español para acoller a 17.737 acollendo finalmente só a 1.982. A Galiza correspondíalle unha mínima cantidade e aínda así, manifestou o nacionalista “non demos moi bo exemplo”. Sobre esta cuestión lembrou que Canadá, en moi pouco tempo, acolleu a 15.000 persoas de orixe siria.
Por outra banda, o parlamentario do BNG tamén se referiu ao gasto militar e reprobou a visión do “goberno e do Partido popular” así como o anunciou de Cospedal sobre un incremento de até 18.000 mil millóns de euros. O anunciou fíxoo, despois de recibir unha carta enviada polo secretario da OTAN, “por unha esixencia previa da OTAN e de Donald Trump”. Trump, “exemplo noxento de xenofobia, de machismo, e de política criminal”. Ese individuo é o que lle está a dar ordes a España para que incremente o seu gasto militar, recalcou.
Bará insistiu na demanda de gasto orzamentario e pediu a Gamallo “coherencia” para que se cumpra “ o 0,2 en estratexia exterior, o PP debería chegar a esa cifra”.
O depuado do BNG rematou a súa intervención lendo unha frase da ministra de cultura de Mali: “A verdade é que espolian os recursos de Arica e expulsan aos africanos do continente e logo din que Europa é invadida. A ministra se se pregunta, quen son os verdadeiros invasores? concluíu.