COMUNICADO CONXUNTO
As deputadas dos grupos parlamentares do En Marea e PSdG-PSOE e BNG queremos expresar que nos sentimos indignadas, como mulleres, despois da expresión machista usada polo Presidente da Xunta de Galiza: “ A señora Pontón está moi necesitada”. Unha frase inaceptábel que nos humilla a todas e nos ofende, máxime cando se pronuncia polo presidente nunha sesión institucional do Pleno do Parlamento que representa aos galegas e galegas. Ante o machismo non podemos calar, nin pasar páxina como senón pasara nada. O mínimo tería sido unha desculpa pública e sincera. O Sr. Feijóo aínda pode emendar o seu erro.
A igualdade e o respecto ás mulleres son principios básicos, que están recollidos no noso marco legal e político, pero que se non son aplicados no noso día a día redúcense a papel mollado. No mesmo ano no que as mulleres galegas expresaron a súa inconformidade nas rúas co machismo, as e os representantes das institucións galegas debemos reforzar o noso compromiso a prol da igualdade, a comezar polas nosas propias condutas.
As deputadas asinantes entendemos que o acontecido non pode pasar co noso silencio. As palabras emitidas transcenden, con moito o marco da disputa dialéctica e ofende a todas as mulleres. Pola súa responsabilidade e atribucións políticas e simbólicas, consideramos que o Presidente da Xunta de Galiza nos debe unha desculpa a todas, as que somos deputadas e as que non e así emendar o acontecido que, por desgraza, vai máis alá do excepcional.
DEPUTADAS DO BNG, EN MAREA E PSdG
- Noela Blanco Rodríguez
- María de la Concepción Burgo López
- Luca Chao Pérez
- Ángeles Cuña Bóveda
- María Luisa Pierres López
- Ana Pontón Mondelo
- Montserrat Prado Cores
- Noa Presas Bergantiños
- Paula Quinteiro Araújo
- Olalla Rodil Fernández
- Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
- Carmen Santos Queiruga
- Eva Solla Fernández
- María Dolores Toja Suárez
- Julia Torregrosa Sañudo
- Paula Vázquez Verao
- Patricia Vilán Lorenzo
- Magdalena Barahona Martín