Congreso

O BNG pide que a suspensión provisional da actividade de marisqueo en todo o país

Néstor Rego

O deputado Néstor Rego leva ao Congreso a situación do sector marisqueiro e a súa caída nas vendas debido o fechamento do sector hostaleiro por causa do COVID19.

Os nacionalistas entenden que se se decreta a paralización da actividade as persoas afectadas poderían acollerse as axudas públicas establecidas.

O BNG salienta que ademais das consideracións económicas, debemos ter en conta as dificultades desde o punto de vista sanitario.

O Bloque Nacionalista Galego insta ao Goberno a, en coordinación coa Xunta de Galiza, decretar a suspensión provisional da actividade de marisqueo en todo o país ocasionada por causa maior, derivada do estado de alarma decretado para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e que se excluía a esta actividade das consideradas esenciais enunciadas no Real Decreto.

Debido á aprobación do estado de alarma estableceuse a suspensión das actividades de hostalería e restauración. O BNG salienta que as actividades extractivas nos bancos marisqueiros, e así como todas aquelas outras actividades que teñan como destino fundamental do produto o sector da restauración, víronse claramente afectadas, dada a falta de demanda, mais debendo continuar coa actividade. 

No caso do marisqueo, o sector estase encontrando cunha falta total de demanda nas lonxas o que incide na caída en picado dos prezos de venda. O deputado Néstor Rego trasladou as demandas do sector ao Congreso por medio dunha Proposición non de Lei. “O produto ten que ser devolto ao mar ou no mellor dos supostos e en casos excepcionais, mal vendelo, pois nestes momentos non existe unha demanda deste tipo de produtos por non tratarse dun produto de primeira necesidade" así explicaba o deputado. Os nacionalistas entenden que se se decreta a paralización da activada de as persoas afectadas poderían acollerse as axudas públicas establecidas.

O BNG apunta que ademais das consideracións económicas, debemos ter en conta as dificultades desde o punto de vista sanitario, pois as e os traballadores do sector deben desprazarse até os lugares de extracción, acudir todos eles a puntos de control, de clasificación, ás vendas en lonxa, elevándose o risco de contaxio entre os profesionais e a súa posterior transmisión aos seus núcleos familiares.