O BNG leva ao Parlamento a agónica situación da empresa Maderas Iglesias e pide á Xunta garantir o emprego

Manifestación Maderas Iglesias
Manifestación Maderas Iglesias

O deputado Luís Bará afirma que a empresa é viable e avoga por un acordo parlamentario que obrigue á Xunta a defender os postos de traballo e o futuro da actividade da empresa

Os traballadores e traballadoras da empresa Maderas Iglesias concentráronse hoxe nas portas do concello de Porriño onde recibiron o apoio as súas demandas  da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o deputado por Pontevedra, Luís Bará, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e  membros da  Executiva nacional do BNG.

O parlamentario, Luís Bará explicou que o colectivo de traballadoras e traballadores levan anos tentando salvar á empresa dunha “situación crítica” derivada dunha nefasta xestión empresarial e defendeu o acordo parlamentario do mes de outubro do ano 2017 que “obrigaba á Xunta de Galiza a intervir e defender a viabilidade da empresa con 200 postos de traballo, na súa maior parte feminino”.

Para o deputado, a Xunta “debe implicarse” nunha empresa que recibiu axudas publicas e que resulta un referente nun sector de grande potencial no sur de Pontevedra polo que instou ao goberno galego a “interceder para manter os postos de traballo e  viabilidade da empresa”.

Bará anunciou que o BNG levará novamente ao Parlamento galego a situación de Maderas Iglesias co fin de acadar un acordo que obrigue a Xunta a abandonar a súa inacción e defender a continuidade da empresa e dos postos de traballo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG