O BNG denuncia unha pinza “PP-PSOE” para impedir coñecer a verdade do Marisquiño

Accidente Marisquiño

Ana Pontón avanza que o BNG levará ao primeiro pleno do Parlamento galego o  debate para investigar o sinistro do Marisquiño

A portavoz do BNG, Ana Pontón, fixo fincapé en  que onte os votos do PP e PSOE na reunión da Deputación permanente impediron un pleno extraordinario e específico sobre o sinistro do Marisquiño, crear unha comisión de investigación e que comparecera  Núñez Feixóo. Neste sentido, anunciou que o “BNG non tira a toalla” e levará ao primeiro pleno do novo período de sesións o debate para investigar o accidente porque, “PP e PSOE non poden privar ás vítimas de coñecer a verdade”. Ao igual que moitos vigueses e viguesas  tamén dende o BNG preguntamos que oculta “o concello de Vigo, a Autoridade portuaria e a Xunta para impedir que se celebre un pleno na Cámara galega”. Os responsables deben asumir o que pasou e a pesar desa “pinza vergoñenta”, o BNG reclamará a comisión de investigación.

Pontón concluíu afirmando que  “PP e PSOE utilizan os votos dos cidadáns para defender os seus intereses partidistas”.

Pola súa parte, o responsable local en Vigo, Serafín Otero destacou as graves consecuencias da falta de investimento no porto de Vigo cun grave deterioro que afecta negativamente a economía da cidade e impide a xerar emprego. Dende o BNG, manifestou denunciamos “as leas políticas” entre as administracións que están a frear importantes proxectos na cidade. Sobre o sinistro do Marisquiño preguntou que “oculta o PP e o PSOE” para impedir que se investigue?