Ana Pontón pide máis investimentos para o porto de Vigo

Ana Pontón en Vigo
Ana Pontón en Vigo

Reclama a transferencia dos portos para xestionar dende Galiza a actividade económica que xeran

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acompañada do deputado por Pontevedra, Luís Bará, o responsable local, Serafín Otero e o responsable comarcal, Manuel Caride, realizou unha visita ao   porto de Vigo e ao  lugar onde se produciu o sinistro do Marisquiño.

Pontón manifestou que Galiza está a ter un “trato discriminatorio” en materia de portos e aludiu ao recente acordo entre o Goberno de Sánchez e  goberno de Valencia coa condonación da débeda de 350M€. O Estado, dixo,  fai “caixa co porto Vigo pero non fai investimentos” polo que reclamou máis inversión e “a transferencia dos portos a Galiza” para xestionar a actividade económica que xeran.

Parece, explicou nacionalista que o acordo con Valencia desatou a “caixa dos tronos” en Galiza e algunhas forzas políticas descubriron as deficiencias do porto de Vigo pero esas necesidades existían hai tempo. Lamento, dixo que en Galiza teñamos un presidente que só vai a Madrid a cumprir as ordes do seu novo xefe pero sen ningunha proposta para defender os intereses de Vigo, A Coruña, Marín ou Pontevedra. “O presidente da Xunta está desaparecido” e esquece que todos os galegos e galegas pagamos para que exerza a súa función

Ademais, a portavoz do BNG saudou que agora o Presidente da Autoridade Portuaria, López Veiga lle dea a razón ao BNG cando hai meses, explicou, demandabamos melloras para as infraestruturas do porto, a conexión coa Plisan, o tráfico aéreo para o transporte de peixe fresco e as conexións ferroviarias. Naquel momento, lembrou  Pontón, Lopez Veiga botou “sapos e culebras pola boca” contra o bloque e agora xa comeza a falar de agravio.

Nas súas criticas Pontón non esqueceu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero máis empeñado en confrontar aos galegos que  en reclamar máis investimentos para o porto de Vigo. O  problema, recalcou, “non son os investimentos na Coruña”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG