Ante a sentencia do Tribunal Supremo que condena á empresa Construcuatro do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a devolver 1.2 millóns de euros polos sobreprezos na venda de pisos en Navia e pagar 2,4 millóns de euros á Xunta de Galiza así como a prohibición de acometer a construción de vivendas de protección oficial durante seis anos, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirma que si “ Feixóo quere rexenerar o PP debe empezar por cesar a Telmo Martín”.
O expediente sancionador ao actual alcalde de Sanxenxo, explicou Pontón non partiu do Partido popular, foi unha decisión do goberno bipartito do que formaba parte o BNG a través da consellería de Vivenda que dirixía Teresa Táboas. A partir de aí e da denuncia formulada por moitas das persoas estafadas pola empresa de Telmo Marín, Construcuatro ponse en marcha este procedemento, procedemento, recalcou Pontón que “o Partido popular intentou torpedear”. De todos xeitos, asegurou, hoxe temos unha sentencia que confirma un sobrecuste “diñeiro en B” cobrado a persoas que accedían a vivendas de protección pública . Parece que o PP, afirmou a nacionalista, “ten unha certa fixación con iso de cobrar en B que traslada tamén ás empresas nas que traballa”.
Dende o BNG consideramos que esta situación merece unha resposta política e por iso preguntamos a Feixóo “ canto tempo vai tardar en pedir a dimisión de Telmo Martín condenado por cobrar sobrecustes en vivendas de promoción protexida” porque esta situación “inhabilita” ao actual alcalde de Sanxenxo para “xestionar unha administración pública”.
“Feixóo parece que sigue nese proceso de reflexión serena para dar o salto a dirixir o Partido popular en Madrid e non sabemos si a súa carta de presentación é amparar a un alcalde cunha empresa que acaba de ser condenada por cobrar en B”, manifestou a líder do BNG.
A condena a Telmo Martín por cobrar en B vivendas de protección pública merece unha resposta rápida pero non sabemos cantos minutos vai tardar Feixóo en pedir a dimisión de Telmo Martín. “Si de verdade pretende presentarse como rexenerador da política do Estado, debería comezar por ter os deberes feitos na súa propia casa”, concluíu.