Ana Miranda reclama en Budapest unha pasaxe segura para as persoas refuxiadas

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda inaugura en Budapest a conferencia ""Breaking barriers-Rompendo fronteiras"  e denuncia que mentres Europa toma o sol, "morren nos mares europeos persoas refuxiadas que loitan pola vida” polo que reclamou unha "pasaxe segura" e a resposta humanitaria de Europa.

 A Portavoz do BNG en Europa Ana Miranda inaugurou hoxe en Budapest a conferencia "Breaking barriers-Rompendo fronteiras", coorganizada polo Consello de Europa, a Organización de Pobos Non Representados (UNPO), ALE-Mocidade e Mocidades de esquerda de Finlandia, que abordará aspectos no ámbito migratorio sobre integración, mocidade, xénero, educación, emprego, e coordinación das políticas europeas sobre migración.

Na súa intervención, Ana Miranda denunciou que "mentres estamos na praia neste tempo de verán, continúan a chegar persoas no Mediterráneo e a fronteira de Melilla, en pésimas condicións.As que chegan con vida enfrontase a un futuro incerto mentres Europa segue mirando para outro lado”.

A portavoz do BNG en Europa lembrou que hai países como Hungría, país anfitrión da conferencia "Breaking barriers-Rompendo fronteiras", que mantivo unha posición retrograda na crise humanitaria, xa que é un país de tránsito para persoas refuxiadas e está a incumprir os requisitos humanitario mesmo utilizando gases lacrimóxenos, valados de arame, férreos controis policiais con cans e nos últimos días, colocando espantallos no campo para impedir o paso".

O BNG esixe unha pasaxe segura para as persoas refuxiadas

Ao proceder de Hungría, a nacionalista engadiu a “ausencia” de Europa no conflito e remarcou que é a sociedade civil é a que verdadeiramente está a abordar a dramática situación das persoas refuxiadas cunha resposta humanitaria sen precedentes. Grecia, dixo, Miranda rexistra o maior número de persoas refuxiadas en campos militares polo que apelou “a unha pasaxe segura e denunciou a xeopolítica agresiva que está a provocar esta tráxica situación”.

A portavoz do BNG en Europa reiterou que: "Queremos unha pasaxe segura, denunciamos a xeopolítica agresiva que provoca estes problemas e queremos unha solución humanitaria coordinada en Europa que pase pola derogación inminente do acordo bilateral da Unión Europea-Turquía, un acordo de vergoña, un acordo inmoral e máis despois da grave involución democrática impulsada por Erdogan en Turquía".

Pola súa parte, á Vicepresidenta da ALE, (Alianza Libre Europea) que interveu tras a portavoz do BNG, fixo referencia ás mobilizacións galegas e destacou a resposta de Galiza para acoller a persoas refuxiadas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG