Galegas 2016

A candidata do BNG, Ana Pontón afirma que os incendios responden a un modelo forestal nefasto

A candidata nacionalista á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón afirmou hoxe en Rábade (Lugo) que os incendios deben ser apagados no inverno e aplicar políticas de prevención. A candidata apostou por un modelo forestal que impulse o potencial do monte galego

A candidata á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón visitou hoxe á Casa das Insuas, sede da Asociación “Custodia do Territorio” en Rábade, (Lugo) adicada á xestión e defensa de 107 hectáreas, 5 qm ao longo do río Miño que conta cunha grande riqueza en especies forestais.

A candidata nacionalista loubou o labor da Asociación sobre todo nuns días nos que se rexistraron en Galiza importantes incendios, mesmo en espazos protexidos dos que dixo, hai responsábeis persoais pero tamén “hai unha responsabilidade política”.

Para o BNG é unha prioridade poñer en valor o monte

Neste sentido, Pontón explicou que “os incendios apáganse en inverno e resulta urxente unha política de prevención e un novo modelo forestal para Galiza”. Ao seu xuízo, non é de recibo que ano tras ano teñamos incendios cun impacto maior sobre os espazos protexidos, as propiedades e vivendas. Durante estes anos, engadiu, tivemos un goberno “irresponsábel” que incluso eliminou algunhas das medidas adoptadas polo BNG no goberno bipartito como maiores franxas de protección de vivendas e estradas. O PP fixo a política contraria e dende o BNG hai unha prioridade, “o noso monte é unha riqueza e pode xerar moito emprego”.

Sobre as políticas medioambientais, a candidata do BNG asegurou que a Asociación “Custodia do Territorio” representa un referente das medidas a aplicar no ámbito da conservación e organización territorial e denuncio o actual modelo da Xunta nesta materia que non atende á realidade galega e carece de políticas forestais sustentábeis.

Para a candidata, a Asociación Custodia do territorio aposta por políticas innovadoras e actuacións no ámbito da conservación e mellora dun novo modelo de organización territorial. O encontro coa asociación Custodia do territorio enmarcase dentro do programa de xuntanzas e visitas organizadas polo BNG co fin de coñecer de cerca as diferentes problemáticas e demandas da cidadanía galega e aportar alternativas dende o nacionalismo, a través dun proxecto sólido no que os galegos e galegas, afirmou a candidata do BNG, “ poden confiar”

A candidata do BNG, estivo acompañada na súa visita á Casa das Insuas polo candidato nº 2 pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas (Mini), o portavoz municipal de Lugo, Rubén Arroxo, o deputado provincial, Se Ferreiro, e Iván San Giao (cabeza de lista de Rábade).

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG