O BNG mostra o seu pesar polo falecemento de Doris Benegas

dorisbenegasDiante do falecemento hoxe venres de Doris Benegas o BNG quere facer público o seu pesar e mostrar a súa solidariedade coa familia e cos seus compañeiros e compañeiras de militancia en Izquierda Castellana.

Doris Benegas era unha persoa comprometida coa causa da liberdade, militante feminista, internacionalista, avogada defensora dos dereitos humanos e dos dereitos dos pobos. Galiza e o nacionalismo galego sempre atoparon en Doris unha compañeira de loita e foron moitas as ocasións nas que compartiu connosco os actos do Día da Patria demostrando a súa solidariedade co BNG.

É evidente que se notará a desaparición de Doris pero o seu exemplo de fortaleza, e a súa traxectoria de loita animan a todas aquelas persoas e organizacións que loitamos pola liberdade dos pobos e por unha sociedade sen opresión da muler e de xustiza social.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG