O Proceso Adiante suma xa a participación de 1.800 persoas, ao tempo que se elaboran as candidaturas

O BNG inicia a terceira fase do Proceso Adiante tras a celebración de mais dun cento de asembleas por todo o país nun proceso no que participaron máis de 1.800 militantes e simpatizantes -1/3 das persoas sen carné nacionalista-, que debateron sobre os tres grandes bloques temáticos do proceso de refundación aprobados na XV Asemblea Nacional.

Reunión do último Consello Nacional do BNG

En concreto, actualizar a análise e diagnose da situación do país a todos os niveis, -económico, social, político, lingüístico, cultural-, actualización da estratexia política e discurso e modelo organizativo e de participación para o futuro.

A terceria fase arranca agora, tras a creación dunha comisión de coordinación do proceso que está presidida polo portavoz parlamentario, Francisco Jorquera, e pola alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, aberta a participación de calquera militante ou simpatizante, e pon en marcha sete mesas sectoriais de traballo, arredor dos bloques de debate fixados na XV AN.

Radiografía social, política e económica da Galiza de hoxe

Mesa 1: A realidade económica da Galiza de hoxe (cambios experimentados na estrutura económica e na estratificación e estrutura de clases. A nova realidade no mundo do traballo e das condicións laborais). A situación demográfica (avellentamento, despoboamento, emigración xuvenil).

Mesa 2: A situación lingüística e cultural e os cambios experimentados no sentimento de pertenza nacional.

Mesa 3: Cambios no comportamento político e electoral e na percepción social do nacionalismo.

Estratexia política do nacionalismo galego

Mesa 4: Obxectivos estratéxicos e propostas tácticas.

Mesa 5:Construción do discurso (como e que comunicar) e intervención social.

Mesa 6: Modelo organizativo.

Mesa 7: O papel das asembleas e outras formas de participación. A participación dos e das simpatizantes.

Desde as bases

Os prazos desta terceria fase están condicionados pola celebración das eleccións galegas en outubro, ás que o BNG adicará todos os seus esforzos organizativos e de mobilización. Neste sentido, a formación nacionalista ten en marcha o proceso de elaboración de candidaturas que quedarán definitivamente aprobadas polo Consello Nacional antes da celebración do Día da Patria.

É a militancia nas asembleas comarcais que se celebran por todo o país a encargada de remitir as súas propostas de nomes para integrar as listas do Bloque, nun proceso de elección participativo, asembleario, democrático e colectivo que contrasta co xeito de proceder doutras organizacións políticas.

Sobre a base das persoas elixidadas pola militancia, a Executiva Nacional presentará unha primera proposta de candidaturas que volverá a ser remitida ás comarcas para o seu debate e aprobación entre os días 19 e 22 de Xullo para, finalmente, proceder a súa aprobación definitiva no Consello Nacional do 23 de Xullo.

O BNG vai estar preparado para calquera contixencia e será a primeira organización política en ter aprobadas as súas candidaturas para as elccións galegas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG