O BNG tilda de "insuficiente" a devolución do complemento das extras ás e os empregados públicos

A deputada do BNG, Tereixa Paz, a través dun texto alternativo ao proxecto de lei do PP, reclamou o pagamento dos complementos dos exercicios 2013, 2014, 2015 e 2016 e blindar “a integridade” das pagas extras no 2017

Tereixa Paz

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz defendeu un texto alternativo ao proxecto de lei do Partido popular sobre a retribución de carácter extraordinario para os empregados do sector público autonómico polos importes deixados de percibir no período entre o 1 de xaneiro e 28 de febreiro do 2013. O texto do BNG ao proxecto de lei do PP reclamaba o pagamento íntegro dos complementos específicos e demais complementos correspondentes aos exercicios 2013, 2014, 2015 e 2016.

O BNG propuxo o pago correspondente a xaneiro e febreiro de 2013 coa nómina do mes de  agosto.

O PP converte o Parlamento nunha terminal de San Caetano

Para a nacionalista, a presentación da lei do PP, baixo o trámite de urxencia e lectura única “é un abuso ” e responde ao interese “electoralista” do Partido popular. O PP dixo, quere converter o Parlamento nunha terminal de San Caetano e nun “plató de televisión para que o conselleiro de Facenda faga “propaganda en período preelectoral da campaña das autonómicas”.

A deputada cualificou a lei do PP de “un intento de engano ás persoas empregadas no sector público” porque o que realmente se restitúe a é “unha ínfima parte do salario indebidamente recortado polo Goberno de Núñez Feijóo”. Asemade, criticou que o PP sega vendendo que se restitúen os dereitos dos empregados públicos cando se están a manter “gran parte dos recortes” a través da lei 1/20/12 e mesmo algúns xa consolidados na Lei do 2015 de emprego público.

Tereixa Paz

Na súa intervención Tereixa Paz tamén criticou que o Goberno só propoña a devolución da parte proporcional correspondentes a xaneiro e febreiro de 2013, “que é o que ordena a sentenza”, e non non a do que lles adebedan do resto do ano 2013 e do 2014, 2015 e 2016 completos e que mesmo rexeitara negociar un cronograma para proceder á devolución desas cantidades de forma progresiva.

O pago coincidirá coas eleccións galegas

A deputada afirmou que estamos ante unha nova “utilización electoralista” das retribucións dos empregados públicos e explicou que dende febreiro que se coñece a sentenza que obriga á devolución da integridade das pagas correspondentes a xaneiro e febreiro de 2013, a teor deste proxecto de lei, a devolución vaise producir en setembro ou outubro, “xusto coincidindo coas eleccións galegas. Que curioso” ironizou.

Por outra parte, a parlamentaria tamén defendeu diversas modificacións legais para recuperar dereitos laborais perdidos como o caso das libranzas nos centros de servizos sociais para garantir a atención adecuada aos e ás usuarias.

O Partido popular anunciou o voto en contra da emenda á totalidade e texto alternativo defendido pola deputada do BNG.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG