O BNG acada un acordo unánime para que os preferentistas non tributen as costas xudiciais

O deputado Francisco Jorquera  lembrou que a entidade financeira foi condenada a pagar as costas xudiciais como “indemnización” para a parte vencedora pero o Ministerio de Facenda obriga a que esa cantidade sexa integrada na base impoñible xeral

Comisión parlamentaria

O parlamentario do BNG, Francisco Jorquera reclamou hoxe demandar do Goberno central “non considerar como ganancia patrimonial as costas xudiciais aos afectados polas participacións preferentes” tras ser condenada a entidade financeira a ese pago á parte vencedora.

Jorquera recalcou que esta non é unha cuestión menor xa que afecta a 15.000 persoas afectadas pola estafa das preferentes e que conseguiron recuperar os seus aforros por vía xudicial. Segundo os cálculos de Gestha (Sindicato de técnicos do Ministerio de Facenda), a reclamación pode ascender a 650 euros aos que hai que sumar outros 165 de multa. Primeiro foron “estafados” polas preferentes, dixo o nacionalista, e agora o Ministerio de Facenda “volve a cebarse con eles”.

Francisco Jorquera

O parlamentario cuestionou que gañar un preito poda ser considerado “unha ganancia patrimonial” polo que volveu reclamar que non sexa computado como tal. O deputado comparou o proceso das persoas afectadas polas preferentes coa dación de pago e explicou que o Ministerio de Facenda aplicou o mesmo criterio en ambos casos e a pesar da situación das persoas que se acolleron a dación de pago por “unha situación económica desesperada” e que nalgúns casos, fórenlle reclamados 10.000 euros por considerar que obtiveron unha ganancia patrimonial.

 Francisco Jorquera

 Acordo unánime na comisión de Economía

Tras a intervención da deputada do Partido popular, Maria Herminia Pouso Maneiro foi transacionado e votado por unanimidade un texto nos seguintes termos:

 “O Parlamento de Galicia: Insta á Xunta de Galicia a demandar da Administración Xeral do Estado a non consideración como ganancia patrimonial dos contribuíntes, as cantidades recoñecidas a favor destes , como consecuencia de terlle sido recoñecido o dereito ao abono das costas xudiciais pola parte perdedora nun xuízo, e particularmente no caso dos preferentistas en relación coas cantidades abonadas polas entidades financieiras como consecuencia de teren sido condenadas ao pago das costas xudiciais”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG