Adán pide a Axencia de Innovación que desenvolva o progama "Muller e ciencia", aprobado hai 7 anos

A deputada do BNG denunciou que Galiza sega á cola en investimento en I+D+i

Carme Adán

Trala intervención do director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela para informar sobre a situación e perspectivas da Estratexia de Especialización Intelixente de Galiza, RIS 3 a parlamentaria do BNG, Carme Adán lembrou que o programa “Muller e Ciencia” segue sen desenvolver “despois de sete anos da súa aprobación”, polo que reclamou a súa reactivación.

Galiza á cola en investimento en I+D+i

A parlamentaria nacionalista relatou que no ano 2008 no Estado, o investimento en I+d+i situábase no 1,32% do PIB e na actualidade 1,23 %, en Galiza os últimos datos publicados representan o 1% e o 0,89%. No gasto en I+D per cápita tamén estamos á cola cun descenso do 37% dende o ano 2008 ao 2014. Estes datos, dixo, “contrastan co suposto impulso” que defende a Axencia galega de Innovación.

Por outra parte, a parlamentaria tamén se referiu aos datos publicados polo IGE e o INE sobre as empresas con actividade innovadora cun descenso do 49%, e en intensidade en innovación, o descenso sitúase no 36%. Sobre as empresas tecnoloxicamente innovadoras este descenso é do 50%” e se estas empresas son PEMES, preguntou Adán, entón non se corresponde co “esforzo especial” do que fala a Axencia Galega de Innovación.

A deputada recalcou que hai un descenso do 5% de empresa galegas que non se compadece tampouco co “forte avance da modificación das empresas” defendido por Manuel Varela na súa comparecencia.

Intervención da deputada do BNG, Carme Adán

Sobre a execución do Plan galego de Investigación en desenvolvemento é do 64,1% e do programa de mellora da competitividade innovadora produtividade empresarial o grao de execución é do 40,8%, polo que preguntou como podemos casar os graos de execución dos orzamentos do Goberno galego coa “suposta mobilización de millóns de euros no RIS3”.

A parlamentaria concluíu a súa intervención preguntando polos proxectos enmarcados dentro da Unión europea nos espazos transfronteirizos. De “cantos proxectos falamos e que alcance teñen e cal é o obxectivo dos mesmos” porque o sector da automoción “está deslocalizandose por chans, produtos e salarios máis baratos”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG